Coaching motivacional 2024

Neste curso búscase facilitar ao persoal das oficinas de emprego do SPEG ferramentas de intelixencia emocional para superar os obstáculos cos que se encontran no seu traballo diario e procurar unha asistencia personalizada e de calidade a persoa usuaria dos servizos de emprego.

Cada participante acudirá a dúas sesións grupais presenciais de 3,5 horas e 5 horas cada unha e unha sesión individual presencial de 1,5 horas. Completarase con traballo individual que non require presencialidade.

Programa do curso

COACHING MOTIVACIONAL

  1. Despregando o mapa do éxito.
  2. Sesión grupal presencial: Preparando a transformación.
  3. Sesión individual motivacional presencial: Impulsando a paixón laboral.
  4. Plan de mellora personalizado.
  5. Sesión grupal presencial: Impulsando as habilidades clave.

Que traballaremos?

1. Motivación

Explorando estratexias concretas para manter e fomentar a motivación na contorna profesional.

2. Empoderamento

Potenciando a iniciativa e a toma de decisións proactiva e a disposición para asumir responsabilidades para desenvolver o talento propio de cada persoa traballadora.

3. Fortalecemento da autoconfianza e a autoestima

Fortalecendo a autoconfianza e a autoestima e o desenvolvemento persoal a través de sesións de coaching individualizado para contribuir ao rendemento profesional.

4. Desenvolvemento de habilidades de comunicación

Mellorando a capacidade de expresarse de maneira clara e efectiva, adquirindo habilidades prácticas para utilizar diversas formas de comunicación, aspecto esencial para unha interacción máis efectiva coas persoas demandantes.

5. Técnicas de escoita activa

Mellorando a capacidade de escoitar de maneira atenta e comprensiva as necesidades individuais construíndo así relacións máis sólidas e produtivas.

6. Autocoñecemento

Fomentando o autocoñecemento e o desenvolvemento persoal, aplicando técnicas e enfoques adaptados ás necesidades individuais identificadas durante a sesión inicial e nas ferramentas.

Profesorado

Instituto Ben Pensante
Empresa impartidora

Belén Candal
Coach executiva e de equipos áxiles

Docente AFD e talleres prácticos. Colaboradora de proxectos co Instituto Ben Pensante. Mentora de emprendedores/as - Membro do comité de ICC España.

Ciclo superior de Administración e Finanzas, con estudos de psicoloxía. Máis de 15 anos de experiencia profesional no mundo da empresa, tanto en pemes como en grandes empresas, en colaboración directa coa xerencia, como responsable da parte administrativa e organizativa.

Hai 3 anos, creou a súa marca Hippocampus Coaching e axuda ás persoas para acadar o seu máximo potencial e vivir unha vida plena e satisfactoria, mellorando as súas habilidades de liderado, xestionando mellor o seu tempo, manexando o seu nivel de estrés, acadando as súas metas.

Acompaña a grupos de traballo en empresas, persoas emprendedoras e ao alumnado en certificados de profesionalidade e talleres prácticos, dándolles apoio e facilitándolles as ferramentas e a orientación que necesitan para atopar ese equilibrio. Capacítalles para desenvolver os cinco piares da intelixencia emocional: traballar e mellorar o seu autoconcepto e a xestión de emocións para que sintan a motivación de alcanzar os seus obxectivos con empatía e a través das habilidades sociais.

Marcela Parga
Avogada. Mediadora

Trainer para España da International coaching Community. Coach certificada (International Coaching Community). Mestrado en Asesoría Xurídica no medio Ambiente e Máster en Creación e Desenvolvemento de Empresas, (Escola de Organización Industrial. Practitioner de Programación Neurolingüística (Approaching). Experta en Xestión da Conciliación. Certificada e facilitadora da metodoloxía LEGO SERIOUS PLAY. Mentora de ICC España. Experta en Mediación con Comunicación Non Violenta. Experta en Intelixencia Emocional e Benestar Organizacional, USC.

Con máis de vinte e cinco anos de experiencia profesional no ámbito dá empresa privada, e xestión societaria, e máis de vinte anos á fronte do seu propio negocio de consultoría e formación, xestionando a un equipo multidisciplinar (avogados, economistas e coaches).

Comprometida e vinculada ao ámbito empresarial e formativo e coa mediación de conflitos como vehículo para mellorar as relacións laborais e persoais.

Membro activo de varias asociacións de empresarios, como entusiasta do emprendemento, da creación e desenvolvemento de organizacións.

Fomenta a conciliación da vida persoal e laboral como ferramenta moi poderosa para o impulso do ámbito empresarial, do desenvolvemento e equilibrio das persoas.

Ricardo Riveiro
Docente, consultor e coach certificado

Membro do Comité de España de International Coaching Community

Despois de 15 anos formando parte de empresas multinacionais, en posicións de dirección comercial e de unidades de negocio, decidiu comezar o seu propio proxecto, axudando ás empresas no contexto da formación, coaching e consultoría, en proxectos de:

-Formacións (en liña, presenciais, in company...): Habilidades directivas, liderado, produtividade. Xestión de equipos: creación de equipos de alto rendemento. Dirección comercial, negociación, organización comercial, xestión, produtividade... no departamento comercial da empresa.

-Coaching executivo, Coaching de equipos, Mentoring... para a consecución de obxectivos.

-Consultoría e interim management en departamentos comerciais de organización e produtividade. Implementación de sistemas de traballo sostibles coas persoas.

Diego Rodriguez
Consultor, formador e coach

Apaixonado do crecemento persoal e organizacional. Con experiencia empresarial de 19 anos onde desenvolveu capacidades transversais relacionadas co alto rendemento e benestar laboral.

Coach Certificado de equipos e persoal pola Internacional Coaching Community (ICC).Posgraduado en Organizacións Emocionalmente Intelixentes pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Certificado Agile en Scrum Master, Product Owner, Kamban Esentials pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Natalia Salgado
Coach Executivo e de Equipos.

Formación de equipos de venda. Mentora de líderes e desenvolvemento do liderado humanista.

Con máis de 26 anos en formación de equipos e desenvolvemento organizacional, a súa paixón é impulsar o talento humano en contornas laborais, acompañando aos líderes cara a unha cultura humanista e transformando aos equipos de venda.

Promove a comunicación interna eficaz e a diversidade xeracional co fin de obter resultados excepcionais. Está comprometida co desenvolvemento de líderes e a súa aprendizaxe continua, actualizándose en tendencias para ofrecer recomendacións que acheguen valor.

Certificada como Coach de equipos, Coach executivo e Coach individual e membro do Comité da International Coaching Community (ICC) de España.

Criterios de selección

Persoal que presta servizos nas oficina de emprego da administración xeral da comunidade autónoma de Galicia

Calendario e sedes do curso

A Coruña

Nº de prazas:

13

Horario:

mañá

Calendario:

Santiago

Nº de prazas:

12

Horario:

mañá

Calendario:

Ourense

Nº de prazas:

15

Horario:

mañá

Calendario:

Lugo

Nº de prazas:

15

Horario:

mañá

Calendario:

Pontevedra

Nº de prazas:

12

Horario:

mañá

Calendario:

Vigo

Nº de prazas:

13

Horario:

mañá

Calendario:

Formulario de inscrición

Se desexas participar neste curso, por favor, cubre o seguinte formulario e pulsa no botón enviar.

Lembra que os campos con (*) son obrigatorios. Grazas

    Nome*

    Apelido 1*

    Apelido 2*

    Documento de identidade*

    Correo electrónico*

    Oficina de Emprego na que traballas*

    Indica as funcións que desempeñas na oficina*
    Demandas de empregoDirecciónFormaciónOrientación laboralXestión de ofertas de emprego

    Elixe a sede que mellor che veña*
    A CoruñaSantiagoLugoOurensePontevedraVigo