Formación e mentoring 2025

Técnicas de motivación a demandantes de emprego

Esta formación vai dirixida a 80 persoas orientadoras laborais do Servizo Público de Emprego para a realización de sesións motivacionais a persoas demandantes de emprego.

  • Neste curso búscase formar ao persoal de orientación laboral das oficinas de emprego na realizaciónde sesións motivacionais a demandantes de emprego.
  • Compaxinar sesións de motivación individual e a realización de accións grupais.
  • Acompañar e facer seguimento mediante un proceso de mentoring destinado o persoal de orientación laboral durante a realización das sesións motivacionais as persoas demandantes de emprego.

A duración do curso será de 12 horas en total.

Cada participante acudirá a catro sesións presenciais de formación de 3 horas de carácter semanal e a dúas sesións  presenciais de mentoring de 2 horas de duración cada dúas semanas.

Sesión de formación Coaching

Sesión de formación Mentoring grupal

Sesión 1: Creación do clima e primeiro contacto.
Sesión 2: Desenvolvemento de soft skills e plan de acción.
Sesión 3: Coaching grupal e superación de crenzas.
Sesión 4: Revisión e simulacións prácticas.

Sesión 1: mentoring grupal.
Sesión 2: mentoring grupal.

Creación do clima e primeiro contacto

Ferramentas para establecer un clima de confianza e empatía desde o inicio.
Desenvolvemento dun informe detallado no primeiro contacto.

Desenvolvemento de soft skills

Identificación e adestramento en soft skills.
Métodos para axudar a persoa usuaria a atopar novas perspectivas e superar obstáculos.

Coaching grupal e superación de crenzas

Métodos e ferramentas para aplicar o coaching en sesións grupais.
Estratexias para identificar e superar crenzas limitantes.

Simulación de prácticas

Simulacións prácticas para aplicar os conceptos aprendidos.

Plan de acción

Pasos adaptados aos obxectivos individuais da persoa demandante con directrices específicas sobre como iniciar accións concretas.

Mentoring grupal

Integración de casos reais e simulacións prácticas para reforzar habilidades.
Facilitar un intercambio efectivo entre as persoas participantes do mentoring.

Instituto Ben Pensante
Empresa impartidora

Belén Candal
Coach executiva e de equipos áxiles

Docente AFD e talleres prácticos. Colaboradora de proxectos co Instituto Ben Pensante. Mentora de emprendedores/as - Membro do comité de ICC España.

Ciclo superior de Administración e Finanzas, con estudos de psicoloxía. Máis de 15 anos de experiencia profesional no mundo da empresa, tanto en pemes como en grandes empresas, en colaboración directa coa xerencia, como responsable da parte administrativa e organizativa.

Hai 3 anos, creou a súa marca Hippocampus Coaching e axuda ás persoas para acadar o seu máximo potencial e vivir unha vida plena e satisfactoria, mellorando as súas habilidades de liderado, xestionando mellor o seu tempo, manexando o seu nivel de estrés, acadando as súas metas.

Acompaña a grupos de traballo en empresas, persoas emprendedoras e ao alumnado en certificados de profesionalidade e talleres prácticos, dándolles apoio e facilitándolles as ferramentas e a orientación que necesitan para atopar ese equilibrio. Capacítalles para desenvolver os cinco piares da intelixencia emocional: traballar e mellorar o seu autoconcepto e a xestión de emocións para que sintan a motivación de alcanzar os seus obxectivos con empatía e a través das habilidades sociais.

Marcela Parga
Avogada. Mediadora

Trainer para España da International coaching Community. Coach certificada (International Coaching Community). Mestrado en Asesoría Xurídica no medio Ambiente e Máster en Creación e Desenvolvemento de Empresas, (Escola de Organización Industrial. Practitioner de Programación Neurolingüística (Approaching). Experta en Xestión da Conciliación. Certificada e facilitadora da metodoloxía LEGO SERIOUS PLAY. Mentora de ICC España. Experta en Mediación con Comunicación Non Violenta. Experta en Intelixencia Emocional e Benestar Organizacional, USC.

Con máis de vinte e cinco anos de experiencia profesional no ámbito dá empresa privada, e xestión societaria, e máis de vinte anos á fronte do seu propio negocio de consultoría e formación, xestionando a un equipo multidisciplinar (avogados, economistas e coaches).

Comprometida e vinculada ao ámbito empresarial e formativo e coa mediación de conflitos como vehículo para mellorar as relacións laborais e persoais.

Membro activo de varias asociacións de empresarios, como entusiasta do emprendemento, da creación e desenvolvemento de organizacións.

Fomenta a conciliación da vida persoal e laboral como ferramenta moi poderosa para o impulso do ámbito empresarial, do desenvolvemento e equilibrio das persoas.

Ricardo Riveiro
Docente, consultor e coach certificado

Membro do Comité de España de International Coaching Community

Despois de 15 anos formando parte de empresas multinacionais, en posicións de dirección comercial e de unidades de negocio, decidiu comezar o seu propio proxecto, axudando ás empresas no contexto da formación, coaching e consultoría, en proxectos de:

-Formacións (en liña, presenciais, in company...): Habilidades directivas, liderado, produtividade. Xestión de equipos: creación de equipos de alto rendemento. Dirección comercial, negociación, organización comercial, xestión, produtividade... no departamento comercial da empresa.

-Coaching executivo, Coaching de equipos, Mentoring... para a consecución de obxectivos.

-Consultoría e interim management en departamentos comerciais de organización e produtividade. Implementación de sistemas de traballo sostibles coas persoas.

Diego Rodriguez
Consultor, formador e coach

Apaixonado do crecemento persoal e organizacional. Con experiencia empresarial de 19 anos onde desenvolveu capacidades transversais relacionadas co alto rendemento e benestar laboral.

Coach Certificado de equipos e persoal pola Internacional Coaching Community (ICC).Posgraduado en Organizacións Emocionalmente Intelixentes pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Certificado Agile en Scrum Master, Product Owner, Kamban Esentials pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Natalia Salgado
Coach Executivo e de Equipos.

Formación de equipos de venda. Mentora de líderes e desenvolvemento do liderado humanista.

Con máis de 26 anos en formación de equipos e desenvolvemento organizacional, a súa paixón é impulsar o talento humano en contornas laborais, acompañando aos líderes cara a unha cultura humanista e transformando aos equipos de venda.

Promove a comunicación interna eficaz e a diversidade xeracional co fin de obter resultados excepcionais. Está comprometida co desenvolvemento de líderes e a súa aprendizaxe continua, actualizándose en tendencias para ofrecer recomendacións que acheguen valor.

Certificada como Coach de equipos, Coach executivo e Coach individual e membro do Comité da International Coaching Community (ICC) de España.

Como mínimo unha persoa orientadora por cada unha das oficinas de emprego.

A Coruña

Nº de prazas:

13

Horario:

mañá

Calendario:

Santiago

Nº de prazas:

12

Horario:

mañá

Calendario:

Ourense

Nº de prazas:

15

Horario:

mañá

Calendario:

Lugo

Nº de prazas:

15

Horario:

mañá

Calendario:

Pontevedra

Nº de prazas:

10

Horario:

mañá

Calendario:

Vigo

Nº de prazas:

15

Horario:

mañá

Prazas xa cubertas

As novas inscricións

quedarán na reserva

Calendario:

Prazo de inscrición xa pechado.