Curso Prevención de riscos psicosociais: o estrés laboral
Neste curso búscase achegar contidos de apoio para comprender cales son os factores psicosociais, como poden afectar ás persoas e ás organizacións e coñecer as características e medidas de loita contra os principais tipos de danos de orixe psicosocial, incidindo tamén no estrés laboral como un dos principais riscos derivados da organización.
Este curso de 20 horas de duración, en modo de teleformación, vai dirixido ao persoal que presta servizos nas oficinas de emprego da administración xeral da comunidade autónoma de Galicia
Programa do curso
FACTORES DE RISCO PSICOSOCIAL
– Definicións
– Síndrome do queimado (Burnout):
• Consecuencias para o traballo e a organización
• Medidas preventivas
– Fatiga:
• Efectos do traballo a quendas
• Organización das quendas
• Medidas preventivas
– Estrés laboral:
• Definición de estrés e tipos
• Identificación, avaliación e posibles consecuencias do estrés
• Medidas preventivas
Criterios de selección
Persoal que presta servizos nas oficina de emprego da administración xeral da comunidade autónoma de Galicia.
Profesorado
Arturo Pintos Novo
Técnico PRL na Xunta de Galicia
Calendario das edicións do curso
Edición 1
Nº de prazas: 50
Do 6 ao 24 de maio de 2024
Exame: 24 de maio de 2024 ás 17:30 horas
Edición 2
Nº de prazas: 50
Do 3 ao 21 de xuño de 2024
Exame: 21 de xuño de 2024 ás 17:30 horas