Temática da nova:
Área da nova:
Sinopse
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar o programa de cooperación da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que destina 8,5 millóns de euros á contratación de persoas sen emprego en entidades sen ánimo de lucro. Mediante esta iniciativa, a Xunta estima que se poderán contratar unhas 490 persoas desempregadas en 180 entidades inscritas como de iniciativa social no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais e que terán de prazo un mes desde hoxe para solicitar os apoios.
Estas axudas buscan incentivar as oportunidades laborais a través da adquisición da experiencia profesional; promovendo, así mesmo, a inserción no sector dos servizos sociais, xerador potencial de emprego.
A Xunta estima que cada unha das entidades beneficiarias na convocatoria deste ano recibirá como media un importe de máis de 47.200 euros, 17.300 euros por persoa traballadora contratada.
As entidades que se beneficien destes apoios deben ter como principal actividade a promoción de accións específicas destinadas a axudar a colectivos que contan con máis dificultades para atopar un emprego como son, entre outros, as persoas en risco de exclusión social, con discapacidade, as mulleres ou as vítimas de violencia de xénero. Deberán tamén garantir a contatración a tempo completo durante nove meses das persoas desempregadas ou doce meses a tempo parcial.
Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior (esquerda) nova publicada.