imx_novas

Temática da nova:

Novidades

Área da nova:

Demandas| Xestión OEX
Aclaración sobre o programa de seguimento intensivo da demanda de emprego (11G)
Data de publicación: 08 / 09 / 2023

Sinopse

Nota informativa co fin de aclarar dúbidas acerca do funcionamento do programa 11G

Informamos dalgunhas melloras implementadas no seu funcionamento e recordamos outros puntos que deben terse en conta:

- A causa "M NON SE LOCALIZOU OU NON SE PRESENTOU" non provoca a solicitude dun servizo 11G. A instrución corrixirase na seguinte versión.

- Non se xeran dous 11G pola mesma causa. Detectáronse erros neste punto derivados dos rexeitamentos a ofertas e cursos pero xa foron corrixidos a mediados do mes de agosto.

- Está pendente de implementarse no aplicativo que as persoas prexubiladas (colectivo especial 03 e 11) queden excluídas da carga 11G pola causa de levar máis de cinco anos inscritos de forma ininterrumpida (non quedan exlcuídos das restantes causas)

Non se cargará un 11G pola causa de levar mais de 5 anos de forma ininterrumpida cando se dea algunha das seguintes circunstancias:
* teña actualmente un IPI aberto
* tivera un IPI concluido no último ano
* tivera un servizo 11G iniciado nos últimos dous anos por calquera das causas de inicio do 11G
* tivera un curso recibido no último ano

- As oficinas de emprego deberán revisar o mais axiña posible as xustificacións de rexeitamentos ou abandonos de cursos co fin de evitar a carga errónea do 11G por esta causa. A modo informativo:
* Un rexeitamento a unha oferta ou curso provoca o requirimento dun servizo 11G pasados 5 días do rexeitamento.
* Un abandono dun curso provoca o requirimento dun servizo 11G pasados 15 días da baixa no curso.
* Cómpre recordar o indicado na nota do 10 de agosto do 2023

Dentro da atención do programa de seguimento intensivo da demanda de emprego realízase a xestión dos rexeitamentos a ofertas de emprego e a accións formativas.

 No apartado 7 da instrución regúlase a xestión dos incumprimentos. En concreto o apartado 4 menciona:

4- Se a persoa demandante de emprego xustifica o incumprimento ou a oficina de emprego de referencia non obtén a documentación xustificativa necesaria para iniciar o procedemento sancionador, comunicará esta circunstancia á oficina de xestión da oferta ou acción formativa que motivou o incumprimento para que o xustifique no aplicativo correspondente. Neste suposto, a oficina de emprego de xestión da oferta ou da acción formativa non entrará no fondo do asunto e limitarase a xustificar o rexeitamento a petición da oficina de referencia.
Polo tanto é preciso que, se a persoa orientadora verifica a xustificación do rexeitamento, o xustifique nos aplicativos correspondentes (SICAS ou SIFO) para eliminalo. No suposto de ser unha oferta ou unha acción formativa xestionada noutra oficina deberá comunicalo a oficina de xestión pero se a oficina é a mesma que a da persoa orientadora, mecanizarase nos aplicativos a xustificación polas persoas encargadas das áreas correspondentes.

Non debe modificarse o rexeitamento dun curso ou dunha oferta se, unha vez feitas as comprobacións oportunas, o rexeitamento sexa real e certo. Non se xerará nunca un novo servizo 11G por esa mesma causa. (sí pode xerarse un novo 11G por un novo rexeitamento).
Se a persoa é perceptora de prestacións, comunicarase á persoa directora da oficina para o inicio do procedemento sancionador.
Se a persoa non é perceptora, non se eliminará o rexeitamento e se lle informará á persoa demandante da existencia do incumprimento, pero non se iniciará un procedemento sancionador.
No momento no que o PROSAN permita iniciar procedementos sancionadores a persoas non perceptoras aprobaremos e publicaremos na intranet unha nova instrución do procedemento sancionador e para os rexeitamentos xerados por personas non perceptoras, a partir dese momento, iniciarase o procedemento sancionador para non perceptores.

Non debe modificarse a non dispoñibilidade para unha oferta se esta foi real. Soamente podería volver a xerarse un novo 11G por esta causa cando se rexistren de novo 3 novas non dispoñibilidades para ofertas desde o último 11G e transcorreran polo menos 12 meses do último 11G.

- Próximamente poderá verse de forma automática en SICAS a causa que xerou o 11G e en ORNSOA poderá distinguirse a través de cores a orixe da cita cargada na axenda.

Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior  (esquerda) nova publicada.

© 2024. Emprego Galicia. Información mantida e publicada por Emprego Galicia.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración