imx_novas

Temática da nova:

Novidades

Área da nova:

Demandas| Xestión OEX
Acreditación da situación laboral das persoas demandantes de emprego
Data de publicación: 12 / 06 / 2023

Sinopse

Recórdase que o Servizo Público de Emprego de Galicia non ten competencia na acreditación da situación laboral (ocupado ou desempregado) das persoas usuarias.

O dato da situación laboral das persoas usuarias prodúcese por un cruce coa Tesorería Xeral da Seguridade Social que é o organismo competente para acreditar esta situación. Este cruce non é instantáneo e pode ser modificado manualmente polo persoal traballador das oficinas, polo que non procede que dende as oficinas de emprego se acredite a situación laboral das persoas usuarias.

Dende o Servizo Público de Emprego pódese acreditar se unha persoa está inscrita como demandante de emprego a través do informe de inscrición ou se a persoa é demandante de emprego a través do informe de demandante de emprego pero nunca se acredita a situación laboral da persoa, igual que tampouco se acredita se a persoa dispón dunha discapacidade ou dunha titulación específica... para iso as persoas deben acudir ao organismo competente.

No caso de que unha persoa interesada necesite un informe que acredite a súa situación laboral debe solicitar un informe de vida laboral ou o a documentación que determine a Tesorería Xeral da Seguridade Social.

Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior  (esquerda) nova publicada.

© 2024. Emprego Galicia. Información mantida e publicada por Emprego Galicia.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración