Temática da nova:
Novidades
Área da nova:
Formación
Actas de accións formativas conducentes a obtención de certificados profesionais de N2
Data de publicación: 27 / 10 / 2023
Sinopse
Despois de consensuar co Servizo de Acreditación das Cualificacións e Fomento das Capacidades, comunicamos que as persoas que teñen o diploma de ter superada unha acción formativa correspondente a un certificado profesional de nivel 1, poderán acceder a un certificado profesional de nivel 2 da mesma familia profesional sempre que acrediten ter realizada a solicitude do certificado profesional de nivel 1.
Polo tanto, as oficinas de emprego poderán validar a estas persoas nas actas dos cursos de nivel 2 da mesma familia sempre que acheguen o diploma da acción formativa e a solicitude do certificado profesional de nivel 1 correspondente.
Esta medida non se aplica as persoas que teñan un diploma dun curso de nivel 2 e soliciten o certificado profesional e desexen acceder a un curso de nivel 3 da mesma familia, xa que a emisión do certificado require neste suposto da comprobación previa de que se dispón dos requisitos de acceso ( o que non ocorre nos de nivel 1 porque non se esixen ningún requisito de acceso )
Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior (esquerda) nova publicada.