imx_novas

Temática da nova:

Avisos urxentes

Área da nova:

Demandas| Xestión OEX
Arquivo de documentación na oficina de Emprego
Data de publicación: 21 / 05 / 2023

Sinopse

A documentación achegada polas persoas interesadas non se arquivará nin se recollerá pola oficina de emprego, salvo causa xustificada que obrigue ao arquivo da documentación.

A estes efectos, non se recollerá nin arquivará copia de, entre outros:

 

  • DNI, NIE, pasaporte, libro de familia ou outro documento preciso para verificar a identidade e/ou permiso de traballo, sentenzas ou resolucións administrativas de carácter individual.
  • Partes médicos de baixa, alta ou xustificantes médicos.
  • Titulacións, cursos, acreditacións laborais, vida laboral, contratos de traballo ou CV persoais.
  • Condición de persoa en risco de exclusión social, emigrante retornado, vítima de violencia de xénero ou persoa con discapacidade.
  • Calquera outro documento análogo aos anteriores.

Nestes supostos, a persoa empregada pública comprobará o documento achegado e realizará a correspondente mecanización no SICAS devolvendo o orixinal ou copia achegada á persoa interesada.

Os documentos requiridos para a inscrición das persoas menores ou incapacitadas, declaracións responsables, así como nos supostos de cambio de situación administrativa á situación de baixa por manifestación de colocación, baixa por xubilación, baixa voluntaria, suspensións sen intermediación ou paso as situacións de servizos previos ao emprego ou demanda de outros servizos, a persoa demandante deberá asinar o documento de variación administrativa ou calquera outro documento xustificativo do consentimento para realizar o cambio de situación. Estes documentos arquivaranse en formato dixital na oficina de emprego e devolveránse ás persoas interesadas. Nos supostos de imposibilidade de arquivo dixital, arquivaranse en formato físico.

No suposto da documentación que acredita un alta 703 ou 704, verificarase a causa achegada pola persoa interesada e, salvo que sexa preciso por pertencer a un expediente do procedemento sancionador, non se arquivará a documentación, sendo suficiente o rexistro da causa que identifica a recuperación no apartado observacións.

Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior  (esquerda) nova publicada.

© 2024. Emprego Galicia. Información mantida e publicada por Emprego Galicia.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración