imx_novas

Temática da nova:

Avisos urxentes

Área da nova:

Demandas| Xestión OEX
Colectivo especial 19 risco ou situación de excusión social
Data de publicación: 05 / 06 / 2023

Sinopse

A última versión de SICAS inclúe modificacións no comportamento do colectivo especial 19 (risco ou situación de exclusión social).

No suposto de recibir un aviso para actualizar esta situación actuarase segundo as seguintes casuísticas:

- No caso de que a persoa acredite que continúa sendo colectivo en risco de exclusión social (porque a persoa achega a documentación acreditativa, porque se comproba que na súa demanda de emprego ten incorporado o colectivo 13 ou porque acredita ser beneficiaria RISGA), escollerase no despregable "nova revisión" o valor "SI" para provocar a actualización automática da data de última revisión, polo que non se xerará un novo aviso de revisión obrigatoria ata que transcorran dous anos.

- Se a persoa manifesta que continúa sendo colectivo en risco de exclusión social pero non pode verificarse esta circunstancia (porque non achega documentación acreditativa ou non consta na demanda de emprego), escolleremos no despregable a opción "NON" para pospoñer a revisión do colectivo 19. O sistema manterá o colectivo pero volverá a xerar o aviso polo que recomendaremos á persoa que achegue a documentación acreditativa a próxima vez que acuda á oficina.

- No caso de que a persoa manifeste que non continúa sendo colectivo en risco de exclusión social, eliminarase o colectivo 19.

Cómpre matizar que cando se realice un cambio de situación administrativa, o sistema non dará a opción de valor "NON" en nova revisión. Neste caso optaremos por indicar o valor "SI" cando a persoa acredita a situación e eliminaremos o colectivo no caso contrario, indicándolle que deberá achegar a documentación acreditativa presencial ou telemáticamente (PR004A) para incluír de novo o colectivo 19.

Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior  (esquerda) nova publicada.

© 2024. Emprego Galicia. Información mantida e publicada por Emprego Galicia.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración