imx_novas

Temática da nova:

Avisos urxentes

Área da nova:

Demandas
Comprobación da alta en seguridade social para determinados permisos
Data de publicación: 21 / 03 / 2023

Sinopse

Lembramos que en determinados permisos é preciso comprobar se existe un alta na seguridade social para determinar se procede ou non a inscrición da persoa usuaria como demandante de emprego.

Nestes casos a propia resolución indica o seguinte: " conceder a.................... a autorización de residencia por razóns de .......................con validez de................dende a data de alta na Seguridade Social. ( A maioría destes supostos pertencen ao permiso de arraigo social)

Polo que, se unha persoa acode a inscribirse cunha resolución que mencione o anteriormente exposto débese comprobar que a persoa está dada de alta na seguridade social no período que nos indica a resolución. En caso contrario non procede a inscrición.

Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior  (esquerda) nova publicada.

© 2024. Emprego Galicia. Información mantida e publicada por Emprego Galicia.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración