Temática da nova:
Área da nova:
Sinopse
As solicitudes de correccións ou anulacións de contratos que se reciban nas oficinas de emprego a través do Rexel tramitaranse do seguinte xeito:
- Se o contrato que se quere anular ou corrixir ten o domicilio do centro de traballo en Galicia, redirixirase a solicitude á oficina competente segundo o domicilio do centro de traballo, que atenderá a solicitude despois de realizar as comprobacións oportunas, segundo o establecido na instrución 6/2014 sobre as correccións e/ou anulación de contratos.
- Se o contrato que se quere anular ten o domicilio do centro de traballo noutra comunidade autónoma, atenderase a petición de anulación despois de realizar as comprobacións oportunas, xa que esta posibilidade está habilitada polo acordo SISPE na súa reunión plenaria Nº 63 do 24 de Xaneiro de 2019 (nota de intranet de 13 de novembro de 2019), polo que dende o 12 de novembro de 2019 os Servizos Públicos de Emprego poderán realizar anulacións de todos os contratos, aínda que se comunicaran noutra Comunidade ou aínda que a localidade do posto de traballo pertenza a outra Comunidade Autónoma.
Cómpre recordar que en virtude do mencionado acordo SISPE, as empresas e colexiados profesionais poderán ANULAR contratos, prórrogas, transformacións, chamamentos e horas complementarias ATA TRES DÍAS DESPOIS DA COMUNICACIÓN (a tarefa de anulación e consulta de anulacións atópase no menú principal da aplicación e SÓ poderá realizala o USUARIO PRINCIPAL). Tamén se acordou que ampliación a 90 días do período durante o cal se permite ás empresas realizar modificacións ou correccións das súas comunicacións (deberase ter en conta que, fóra dese novo prazo de 90 días, as oficinas de emprego só comunicarán correccións que afecten aos datos básicos dos contratos de traballo, como se especificou en notas da intranet anteriores).
Cando a solicitude se realice de forma presencial na oficina de emprego, no caso de que sexa un solicitante non obrigado a relacionarse electronicamente coa administración, atenderase a solicitude con independencia do domicilio do centro de traballo.
Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior (esquerda) nova publicada.