imx_novas

Temática da nova:

Avisos urxentes| Novidades

Área da nova:

Prestacións| Xestión OEX
Desenvolvemento dos Itinerarios personalizados de emprego
Data de publicación: 13 / 09 / 2023

Sinopse

O día 8 de xuño publicouse a instrución 12/2023 sobre o procedemento de desenvolvemento do itinerario ou plan personalizado de actuación individualizado (IPE).

O día 8 de xuño publicouse a instrución 12/2023 sobre o procedemento de desenvolvemento do itinerario ou plan personalizado de actuación individualizado (IPE).

Na Dirección xeral de Orientación estamos a detectar errores no desenvolvemento dos itinerarios ou plans personalizados de actuación individualizado (IPE) polo que é preciso recordar a todo o persoal de orientación laboral o seguinte:

1 O IPE ten como mínimo 6 citas cunha secuencia que deberá cumprirse e respectar os prazos

2 As citas a realizar dentro do IPE son: unha ou varias citas de Atención personalizada, Perfil profesional, Acordo persoal de emprego e Seguimento

3 A definición do obxectivo profesional na cita de Atención Personalizada é de especial transcendencia, conforma o concepto de colocación adecuada (definida no artigo 3 da Lei 3/2023, de 28 de febreiro, de Emprego). O obxectivo debe estar definido coa ocupación que a persoa quere desempeñar profesionalmente, de igual xeito é preciso reflectir a traxectoria profesional e formativa.

4 Tarefas: cada unha das citas do itinerario persoal debe rematar coa elaboración do documento de tarefas para revisar na próxima entrevista

5 A atención a unha persoa demandante e mecanización das citas de Atención Personalizada, Perfil profesional e Acordo Persoal, non se pode realizar nun só día é preciso respectar a secuencia do IPE.

6 Os servizos solicitados dentro do IPE, para que teñan validez, teñen que ser coherentes co obxectivo profesional determinado na entrevista de Perfil profesional, que ten que estar actualizado e co documento do Perfil correctamente cuberto.

7 Peche: é preciso mecanizar a valoración co nivel de cumprimento do itinerario, a realización ou non das tarefas, indicar o motivo do peche e cubrir no cadro de observacións toda a información relativa o peche.

NUNCA se poderán realizar varias citas de IPE nun mesmo día co obxectivo de poder solicitar programas duais de emprego, programas integrados ou unha formación nun determinado prazo de tempo, xa que non é unha práctica correcta do servizo de orientación laboral.

Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior  (esquerda) nova publicada.

© 2024. Emprego Galicia. Información mantida e publicada por Emprego Galicia.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración