Temática da nova:
Área da nova:
Sinopse
Comunícase que onte iniciouse o direccionamento a oficinas de emprego (correspondente á semana do 1 ao 5 de maio) , de modo que a partir de agora as citas de orientación laboral que os usuarios soliciten voluntariamente na oficina ou a través da oficina virtual irán dirixidas unicamente ás oficinas de emprego.
Ademais aquelas oficinas coas que se contactou terán o direccionamento xeral de demandantes por non ter entidades colaboradoras no seu ámbito ou ser insuficiente o seu número.
Recórdase que as persoas orientadoras non poderán utilizar os ocos asignados ao direccionamento (ocos "D") para rexistrar citas manuais de orientación ou de itinerario, xa que eses ocos deben quedar libres para cargar o direccionamento.
Para calquera aclaración podedes contactar cos coordinador@s provinciais ou co servizo de orientación laboral.
Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior (esquerda) nova publicada.