imx_novas

Temática da nova:

Novidades

Área da nova:

Orientación
Inclusión do servizo 11G no itinerario
Data de publicación: 06 / 07 / 2023

Sinopse

A instrución 11/2023 do programa de seguimento intensivo da demanda de emprego dispón no punto 2 (ámbito subxectivo de aplicación do programa)

Salvo supostos excepcionais, o programa de seguimento intensivo da demanda de emprego implicará, para o demandante de emprego, a apertura dun itinerario ou plan personalizado de emprego. Unha vez iniciado o itinerario, o servizo 11G DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO E ORIENTACIÓN rexistrado no SICAS modificarase necesariamente para incluílo como unha acción do itinerario. É importante realizar esta modificación porque será a actuación que permita identificar as accións incluídas no itinerario como parte do programa de seguimento intensivo da demanda de emprego.

O xeito correcto de realizar este paso e desde Xestión de Servizos / Seleccionar Servizo 11G e premer modificar. Introducir o número de IPI (12202301) de xeito manual no campo de itinerario.

Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior  (esquerda) nova publicada.

© 2024. Emprego Galicia. Información mantida e publicada por Emprego Galicia.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración