Temática da nova:
Avisos urxentes
Área da nova:
Orientación
Información para o persoal orientador das persoas beneficiarias do Risga tramo de inserción
Sinopse
Publícase a seguinte información dirixida ao persoal orientador encargado do desenvolvemento dos Itinerarios Risga tramo de inserción e relacionada coa ponencia sobre "Tipoloxías de atención no ámbito da orientación laboral"
Publícase a seguinte información dirixida ao persoal orientador encargado do desenvolvemento dos Itinerarios Risga tramo de inserción e relacionada coa ponencia sobre "Tipoloxías de atención no ámbito da orientación laboral" que non deu tempo a impartir no curso de formación:
A instrución 4 /2019 regula o procedemento de xestión no Servizo Público de Emprego do programa de orientación laboral destinado ao colectivo de persoas beneficiarias do tramo de inserción de RISGA . En referencia a esta instrucións, se desenvolveron as seguintes accións:
1.No punto 3 da citada instrución se indica a obriga de enviar modelos de informes trimestrais e anuais ás persoas responsables de inclusión social. Publícanse os modelos de informes que deben utilizarse para estas comunicacións e o medio de envío dos mesmos:
O envío dos citados informes se realizará a través de rexel.xunta.es:
Envíos – Xunta – Novo – Documento: Informe ou Dictame - Engadir: arquivo
Asunto: Informe trimestral/anual do beneficiario RISGA tramo de inserción: APELIDOS E NOME
C. Destino: Política Social – Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de (provincia correspondente)
Unidade: Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración
Para realizar estas accións o persoal orientador deberá solicitar a alta na aplicación Rexel a través da persoa directora da súa oficina.
2.No apartado 2.2 da mencionada instrución, indícase a posibilidade de derivar os beneficiarios da axuda a entidades colaboradoras. Publícanse instrucións sobre este proceso de derivación a entidades colaboradoras especiais (especializadas na atención a colectivos discapacitados ou específicos de exclusión social)
3. Para mellorar o fluxo de información procedente de Política Social, necesaria para o desenvolvemento do IPI, enviaranse mensualmente desde o Servizo de orientación Laboral as comunicacións das resolucións aprobatorias da axuda RISGA así como a data de finalización do cobro da RISGA tramo de inserción. A data da resolución é necesaria para a contabilización dos 12 meses de duración do IPI e a data de finalización do cobro, para poder pechar o IPI.
No ESQUEMA DE FUNCIONAMENTO se engade información de como actuar no caso de non recibir información sobre estos dous aspectos nun determinado prazo.
4. Publícase como información complementaria un esquema de funcIonamento deste procedemento.
Para mais aclaracións podedes poñervos en contacto coa Coordinadora de Orientación Laboral (Antía Tuñas) e os coordinadores provinciais de orientación laboral Lugo, Ourense e A Coruña.
Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior (esquerda) nova publicada.