imx_novas

Temática da nova:

Novidades

Área da nova:

Demandas| Xestión OEX
Mecanización da pestana "discapacidades" ás persoas pensionistas por invalidez
Data de publicación: 26 / 05 / 2023

Sinopse

O Real decreto lexislativo 1/2013 de 29 de noviembre, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeneral de dereitos das personas con discapacidade e da súa inclusión social foi modificado pola Lei 3/2023 de 28 de febrero, de Emprego.

En concreto o artigo 4.2 indica que "para os efectos desta lei, terán a consideración de persoas con discapacidade aquelas a quen se lles recoñeceu un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. Sen prexuízo do anterior, para os efectos da sección 1ª do capítulo V e do capítulo VIII do título I, así do título II, considerarase que presentan unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33% por cento as persoas pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou gran invalidez e as persoas pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de xubilación por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade".

Tendo en conta o anterior, enténdese que aquelas persoas que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou gran invalidez e as persoas pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de xubilación por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade non son consideradas en todos os ámbitos persoas con discapacidade, senón que terán esta consideración para os efectos da sección 1ª do capítulo V e do capítulo VIII do título I, así do título II.

Para adaptar a mecanización das discapacidades nas demandas de emprego ás ditas esixencias legais creouse dentro da pestana discapacidades o código 7999 (pensionista por incapacidade permanente). Este código, e a opción intermediación discapacidade, mecanizarase a todas as persoas que o soliciten e acrediten ser pensionistas por incapacidade permanente, para facilitar a súa intermediación ao considerarse persoas con discapacidade a efectos laborais. A porcentaxe de discapacidade indicada nestes supostos será do 33%.
No caso de que a persoa manifeste que está en esta situación pero non o acredite, comprobarase que ten mecanizado por cruce automático o código 05 en colectivos especiais na súa demanda (pensionista por invalidez). Se confirmamos este aspecto mecanizaremos o código 7999 na pestana discapacidades e a intermediación discapacidade co valor "SI" se a persoa o solicita. No caso de que a persoa non teña mecanizado o colectivo 05, deberá acreditar a situación.

Ao igual que no resto de discapacidades, se a situación da persona varía, terá que comunicar as modificacións da súa situación á oficina de emprego.

Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior  (esquerda) nova publicada.

© 2024. Emprego Galicia. Información mantida e publicada por Emprego Galicia.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración