imx_novas

Temática da nova:

Avisos urxentes

Área da nova:

Ofertas emprego| Xestión OEX
Mecanización das xustificacións de rexeitamentos nos aplicativos
Data de publicación: 10 / 08 / 2023

Sinopse

Dentro da atención do programa de seguimento intensivo da demanda de emprego realízase a xestión dos rexeitamentos a ofertas de emprego e a accións formativas.

Dentro da atención do programa de seguimento intensivo da demanda de emprego realízase a xestión dos rexeitamentos a ofertas de emprego e a accións formativas.

No apartado 7 da instrución regúlase a xestión dos incumprimentos. En concreto o apartado 4 menciona:

4- Se a persoa demandante de emprego xustifica o incumprimento ou a oficina de emprego de referencia non obtén a documentación xustificativa necesaria para iniciar o procedemento sancionador, comunicará esta circunstancia á oficina de xestión da oferta ou acción formativa que motivou o incumprimento para que o xustifique no aplicativo correspondente. Neste suposto, a oficina de emprego de xestión da oferta ou da acción formativa non entrará no fondo do asunto e limitarase a xustificar o rexeitamento a petición da oficina de referencia.

Polo tanto é preciso que, se a persoa orientadora verifica a xustificación do rexeitamento, o xustifique nos aplicativos correspondentes (SICAS ou SIFO) para eliminalo. No suposto de ser unha oferta ou unha acción formativa xestionada noutra oficina deberá comunicalo a oficina de xestión pero se a oficina é a mesma que a da persoa orientadora, mecanizarase nos aplicativos a xustificación polas persoas encargadas das áreas correspondentes.

Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior  (esquerda) nova publicada.

© 2024. Emprego Galicia. Información mantida e publicada por Emprego Galicia.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración