Temática da nova:
Área da nova:
Sinopse
A sondaxe das ofertas para persoal docente realizarase tendo en conta o establecido nas bases reguladoras da entidade promotora, sempre que estas bases respecten o establecido no artigo 168 do Real Decreto 659/2023, do 18 de xullo. En consecuencia:
- A entidade promotora poderá solicitar candidaturas establecendo unha ocupación concreta relacionada co obradoiro cun CNO a 8 díxitos e unha titulación académica concreta ou un nivel formativo sempre que respecte o establecido no Real decreto de aprobación do certificado de profesionalidade.
- A entidade promotora poderá solicitar candidaturas establecendo unha ocupación concreta relacionada co obradoiro cun CNO a 8 díxitos e requirir 48 ou máis meses de experiencia.
- A entidade promotora poderá solicitar candidaturas que cumpran alternativamente os requirimentos anteriores.
- A entidade promotora non poderá solicitar candidaturas cunha titulación académica concreta ou un nivel formativo e acumulativamente meses de experiencia na ocupación relacionada.
- Para cumprir o requisito da docencia deberá constar na demanda de emprego das persoas interesadas a posesión do certificado de profesionalidade de "Docencia de formación profesional para o emprego". Non se considerará que cumpren este requisito se acreditan a posesión do certificado de aptitude pedagóxica (CAP), máster do profesorado ou de experiencia docente.
No suposto no que a entidade faga mención ao artigo 168 e non concrete nas súas bases os requisitos das persoas docentes ou, de non existir candidaturas segundo os requisitos adicionais solicitados pola entidade promotora nas súas bases, a oficina realizará dúas sondaxes para dous perfis profesionais. Nas diferentes sondaxes requeriranse 5 candidaturas por posto, deixando ás persoas candidatas incorporadas na oferta ata que finalice o período da difusión.
- Primer perfil profesional
- Non se mecanizará nivel formativo nin titulación académica.
- Ocupación (todas as categorías profesionais) relacionada co obradoiro con experiencia mínima de 48 meses
- ocupación vinculada 23291029 "Formadores de Formación para o Emprego"
- Certificado de profesionalidade de docencia de Formación profesional para o emprego
- Ámbito de busca requirido pola entidade.
- segundo perfil profesional
- Nivel ou titulación formativa requirida para impartir o obradoiro correspondente segundo a normativa de creación do certificado profesional.
- Ocupación relacionada co obradoiro sen experiencia mínima
- Ocupación vinculada 23291029 "Formadores de Formación para o Emprego"
- Certificado de profesionalidade de docencia de Formación profesional para o emprego
- Ámbito de busca requirido pola entidade.
Unha vez finalizada a difusión, ordenaranse as candidaturas incorporadas polas diferentes sondaxes e a difusión por data de inscrición e achegaranse as candidaturas que cumpran os requisitos, no número que solicite a entidade promotora.
Para cumprir o requisito da docencia deberá constar na demanda de emprego das persoas interesadas a posesión do certificado de profesionalidade de "Docencia de formación profesional para o emprego". Non se considerará que cumpren este requisito se acredita a posesión do certificado de aptitude pedagóxica (CAP), máster do profesorado ou de experiencia docente.
En xestión xeral de candidatos modificarase a situación da oferta ás persoas que non cumpran os requisitos e mecanizarase demandante non enviado con resultado e código 2200 "Non cumpre os requisitos".
No suposto de non obter candidaturas poderanse repetir as sondaxes eliminando a experiencia laboral ( e comprobando manualmente a existencia dos 48 meses de experiencia no suposto de solicitude por ocupación+ 48 meses experiencia), ampliando o ámbito territorial e/ou eliminando a ocupación vinculada 23291029 "Formadores de Formación para o Emprego". Se fose preciso realizar ampliacións deberanse refrescar ambas sondaxes.
Finalmente, de non existir un mínimo de 3 candidaturas que cumpran o indicado no punto anterior, a oficina de emprego informará da insuficiencia de candidatos á correspondente Xefatura Territorial e á entidade promotora por correo electrónico para os efectos da súa constancia nos respectivos expedientes administrativos e sen máis trámite continuará coa tramitación da oferta sen esixir o dito Certificado.
Neste suposto, a oficina de emprego realizará novas sondaxes acolléndose a flexibilidade de requisitos establecida no artigo 168.c do Real decreto;
- Sondaxe por ocupación (calquera categoría profesional) con 48 meses de experiencia e sen necesidade de cumprir o requisito de certificado de profesionalidade de "Docencia de formación profesional para o emprego"
- Ocupación vinculada 23291029 "Formadores de Formación para o Emprego"
- Revisaranse as candidaturas rexeitadas previamente por non cumprir os requisitos establecidos nos apartados anteriores
- Ámbito de busca requirido pola entidade.
No suposto de non obter candidaturas poderase repetir a sondaxe ampliando o ámbito territorial e/ou eliminando a ocupación vinculada 23291029 "Formadores de Formación para o Emprego".
Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior (esquerda) nova publicada.