imx_novas

Temática da nova:

Ofertas e formación en difusión

Área da nova:

Ofertas emprego| Xestión OEX
Ofertas Programa Retorna Cualifica Emprego
Data de publicación: 16 / 06 / 2023

Sinopse

Realizaranse extraccións na base de datos do SICAS cada 15 días das ofertas concluídas con postos vacantes.

Dende o Servizo de Intermediación estamos a tramitar as ofertas de emprego das empresas adheridas ao Programa Retorna Cualifica Emprego, a través das fundacións Nortempo e Venancio Salcines.

Trátase de ofertas ordinarias pero cun procedemento de selección paralelo xestionado por estas Fundacións para a obtención de candidaturas de persoas galegas residentes no exterior que se valorarán polas empresas adheridas conxuntamente coas candidaturas facilitadas por este servizo.

De cara a unha mellor detección dos postos vacantes dispoñibles no SPEG para a cobertura por este programa realizaremos unha extracción na base de datos do SICAS cada 15 días das ofertas concluídas con postos vacantes e achegaremos o correspondente informe á Subdirección Xeral de Cualificacións.

Co obxectivo de mellorar a información facilitada recordamos que as persoas xestoras das áreas de ofertas das oficinas de emprego deberán concluír as ofertas nas que se reciba e mecanice de forma definitiva a reclamación de resultados e a entidade non solicite o envío de mais candidaturas segundo o indicado no punto 2.2.8 da instrución de ofertas 6/2021

Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior  (esquerda) nova publicada.

© 2024. Emprego Galicia. Información mantida e publicada por Emprego Galicia.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración