imx_novas

Temática da nova:

Novidades

Área da nova:

Demandas| Xestión OEX
Recuperacións 703 e 704 da demanda de emprego
Data de publicación: 11 / 09 / 2023

Sinopse

No apartado 4.1 do protocolo sancionador 8/2022 regulase a recuperación da demanda de emprego polos procedementos 703 e 704. Dadas as dúbidas que ocasiona a aplicación deste artigo, queremos matizar o límite temporal para levar a cabo estes procesos desde a alta da demanda de emprego.

Así, realizarase a recuperación polos procedementos 703 e 704 sempre que se cumpran as seguintes 3 condicións:

- A persoa acuda á oficina de emprego a inscribirse dentro dos 3 meses seguintes á finalización do período xustificado.
- A persoa achegue a xustificación do período da baixa como demandante de emprego no momento da alta como demandante de emprego ou dentro do prazo máximo dun mes desde esta alta como demandante.
- A documentación xustificativa debe cubrir a data da infracción.

O apartado 4.1 quedará redactado deste modo:

No suposto da baixa por non renovación da demanda de emprego, a xustificación debe cubrir a data da infracción e a persoa demandante de emprego ten que dar de alta a demanda ou solicitar a cita no SPEG como máximo nun prazo de 3 meses desde a finalización do período xustificado. Ademais, para xustificar a baixa da demanda, a documentación xustificativa deberá achegarse no prazo máximo de 1 mes desde a alta da demanda de emprego. Non se realizarán recuperacións 703 ou 704 no suposto de que a xustificación se achegue con posterioridade, salvo as derivadas da xestión do procedemento sancionador.

Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior  (esquerda) nova publicada.

© 2024. Emprego Galicia. Información mantida e publicada por Emprego Galicia.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración