imx_novas

Temática da nova:

Novidades

Área da nova:

Xestión OEX
Requisitos de acceso a certificados profesionais de nivel 3
Data de publicación: 13 / 10 / 2023

Sinopse

Tras consulta a educación confírmase un erro que, según nos comunican, será corrixido no B.O.E no prazo máis breve posible.

No apartado 2.d da disposición adicional quinta do Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desesenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional, hai un erro polo que debería quedar redactado como sigue:

"2. d) Estar en posesión de un certificado de profesionalidad de nivel 3."

Polo tanto, non se admitirán nos certificados profesionais de nivel 3 ás persoas que desexen acceder por estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 salvo que sexa da mesma familia profesional, e os requisitos de acceso aos certificados profesionais (grados C) de nivel 3, son os que figuran no artigo 75 (o título de Técnico ou Técnico Superior, de Bacharelato ou equivalente a efectos de acceso, un certificado profesional nivel 3, un certificado de competencia incluido na oferta a realizar, ou un certificado profesional de nivel 2 da mesma familia profesional).

Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior  (esquerda) nova publicada.

© 2024. Emprego Galicia. Información mantida e publicada por Emprego Galicia.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración