imx_novas

Temática da nova:

Novidades

Área da nova:

Xestión OEX
Retirada do informe sector naval do aplicativo SICAS
Data de publicación: 15 / 05 / 2023

Sinopse

O informe do sector naval foi ocultado de cara á súa posterior eliminación do aplicativo SICAS e achegamos un informe do xefe do Servizo de intermediación.

Comunicamos que o informe do sector naval foi ocultado de cara á súa posterior eliminación do aplicativo SICAS, xa que obedecía a un réxime transitorio que se estableceu ata chegar ao réxime definitivo de credencial profesional do naval.

Consideramos que o réxime definitivo xa existe posto que o IV Convenio colectivo estatal da industria, a tecnoloxía e os servizos do sector del metal, publicado no BOE o 12 de xaneiro de 2022, reserva como propias das partes firmantes do convenio materias como a acreditación da formación específica recibida polas personas traballadoras do sector do metal e das persoas traballadoras do sector que traballan en obras de construción, sobre prevención de riscos laborais. no sector (artigo 11) e considera como non pactadas e, polo tanto, carentes de eficacia as cláusulas dos convenios de niveles inferiores ao estatal nas materias reguladas no artigo 11 (artigo 14).

Por este motivo, retiramos o informe do sector naval e achegamos un informe do xefe do Servizo de intermediación que se poderá facilitar ás persoas que soliciten o informe do sector naval para que poidan acreditar ante a entidade que lles solicita o dito informe a súa falta de necesidade.

Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior  (esquerda) nova publicada.

© 2024. Emprego Galicia. Información mantida e publicada por Emprego Galicia.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración