Temática da nova:
Área da nova:
Sinopse
Ata o de agora, para poder modificar un rexeitamento derivado dun curso tiñamos que abrir incidencia a soporte SIFO. Lembramos que non é correcto modificar a causa de rexeitamento dunha acción formativa a través do SICAS.
Na versión actual, a oficina de emprego xestora da acción formativa será a encargada de xustificar o posible rexeitamento no ofrecemento dun curso. Para facer isto, a persoa xestora poderá visualizar o resultado da selección proposto pola entidade e validalo ou modificalo ao aprobar a acta.
Unha vez aprobada a acta, non poderá modificar o estado (seleccionado/rexeitado/suplente) pero sí que poderá modificar o motivo.
O motivo "outras causas" habilitará o campo observación no que se poderá rexistrar información adicional sobre o rexeitamento.
As causas que xeran rexeitamento no ofrecemento dunha acción formativa son (en denominación SICAS):
CÓDIGO | DENOMINACIÓN DA SITUACIÓN |
C | REXEIT O UNO DE ENTRADA |
D | NON DEMOSTR O U NINGÚN INTERESE |
E | NON ACEPT O U AS CONDICIÓNS |
0 | CONVOCADO NON PRESENTADO |
Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior (esquerda) nova publicada.