imx_novas

Temática da nova:

Avisos urxentes

Área da nova:

Demandas| Intermediación
Suspensións por incapacidade temporal
Data de publicación: 31 / 03 / 2023

Sinopse

O Servizo Público de Emprego dispón dunha situación administrativa de suspensión por incapacidade temporal sen intermediación (030) e unha suspensión por incapacidade temporal con intermediación (530)

No suposto no que unha persoa que se atope nunha situación de incapacidade temporal acoda a inscribirse na oficina de Emprego, non é preciso esperar a que esta situación de incapacidade temporal finalice.

Se a persoa o desexa, a oficina lle informará das diferencias entre as suspensións 030 e 530 e a inscribirá no SPEG mecanizando de xeito inmediato a suspensión por incapacidade temporal elixida pola persoa interesada.

A duración da suspensión por incapacidade temporal será a indicada na documentación achegada pola persoa interesada. Se o documento achegado non indica unha duración estimada mecanizarase unha suspensión por incapacidade temporal de 3 meses, sendo preciso que a persoa acredite novamente a súa situación neste prazo para prorrogar a suspensión.

Se o documento achegado indica unha duración indefinida ou crónica, mecanizarase o periodo máximo de 12 meses e para prorrogar este prazo será preciso que a persoa achegue un novo documento que o xustifique.

Se a persoa finaliza a súa situación de incapacidade temporal con anterioridade á chegada do prazo concedido de suspensión, deberá acudir a oficina de emprego para finalizar manualmente a situación de suspensión da súa demanda de emprego. Se súa situación fose de baixa médica oficial, deberá achegar a alta médica para reactivar a demanda de emprego.

Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior  (esquerda) nova publicada.

© 2024. Emprego Galicia. Información mantida e publicada por Emprego Galicia.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración