imx_novas

Temática da nova:

Avisos urxentes

Área da nova:

Demandas| Prestacións
Suspensións por IT
Data de publicación: 16 / 05 / 2023

Sinopse

Remítense instrucións para adaptar o procedemento para mecanizar as suspensións por incapacidade temporal nas oficinas de emprego

Remítense instrucións para adaptar o procedemento para mecanizar as suspensións por incapacidade temporal nas oficinas de emprego á nova Orde ISM/2/2023, de 11 de enero, pola que se modifica a Orden ESS/1187/2015, de 15 de junio, pola que se desenvolve o Real Decreto 625/2014, de 18 de julio, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeros trescentos sesenta e cinco días da súa duración (que suprimiu a entrega á persona traballadora, polo facultativo que emite os partes médicos de baixa, confirmación e alta médica, dunha copia en papel dos mesmos destinada á empresa e da correlativa obriga da súa presentación á empresa pola dita persona nun prazo determinado).

Cando as persoas demandantes manifesten que están en situación de incapacidade para traballar actuarase do seguinte xeito:

- No caso de persoas perceptoras de prestación contributiva, revisarase o documento acreditativo da baixa médica e mecanizarase unha suspensión por incapacidade temporal coa duración do tempo de baixa estimado polo facultativo, con ou sen intermediación, segundo desexe a persoa. Se non constase unha duración da baixa rexistrarase o prazo de 3 meses, recordando a obriga de comunicar a alta para reactivar a demanda de emprego.

Se a persoa non leva consigo ningún documento, comprobarase a situación de baixa en vida laboral (seleccionando o período da baixa, e marcando situacións administrativas PXT e posteriormente peculiaridades efectivas, poderemos visualizar a baixa). O período de suspensión que se mecanizará será de 3 meses, recordando a obriga de comunicar a alta para reactivar a demanda de emprego.

No caso de que non se observe a baixa na vida laboral a persoa terá que achegar o documento acreditativo para mecanizar a suspensión. Tamén deberá facelo se quere que figure un período de suspensión superior a 3 meses, en función do tempo probable da baixa estimado polo facultativo.

- No caso de persoas perceptoras de subsidios ou non perceptoras, debido a que non existe parte de baixa deberán entregar o xustificante médico e mecanizarase a suspensión con ou sen intermediación coa duración estimada no xustificante (un ano nos casos indicados como crónicos ou indefinidos). Se non constase unha duración no xustificante médico rexistrarase o prazo de 3 meses, recordando a obriga de comunicar a finalización do proceso de enfermidade para reactivar a demanda de emprego.

En ambos supostos, anotarase en observacións unha das seguintes opcións segundo a persoa sexa perceptora ou non perceptora.

- Comprobada baixa médica
- Comprobado xustificante médico

Respecto á documentación achegada, en ningún dos casos se gardará documentación relativa aos datos médicos que motivan a suspensión (partes de baixa ou xustificantes), só se utilizarán para comprobar a situación e a continuación devolveránse á persoa demandante. O único documento que se debe gardar no caso de suspensións por IT será o documento de variación administrativa asinado pola persoa demandante no caso de que opte por unha suspensión sen intermediación.

Con este navegador móvete á anterior (dereita) ou posterior  (esquerda) nova publicada.

© 2024. Emprego Galicia. Información mantida e publicada por Emprego Galicia.

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración