Programa Retorna

Cualifica Emprego 2025

SOLICITUDE DE POSTOS

O Programa Retorna Cualifica Emprego da Xunta de Galicia favorecerá o regreso de 200 galegas e galegos menores de 55 anos residentes no exterior e irá acompañado dun plan personalizado de cualificación e empregabilidade, así como de recursos de formación e a formalización do correspondente contrato de traballo.

Con ese obxectivo, a continuación ponse a disposición das entidades e empresas que así o desexen, un formulario para comunicar o compromiso de ofertar postos de trabajo para ser cubertos polo Programa ou para que se faga chegar as necesidades de persoal por ter postos vacantes.

Para maior comodidade, e sempre que non peche o navegador no que o estea a cubrir, o formulario manterá os datos xa introducidos, podendo volver atrás ou avanzar. Moitas grazas.

Aviso importante: Para aceptarse as solicitudes deberán vir asinadas electronicamente pola persoa con representación. Para iso, unha vez cuberto o formulario, este enviaráselle por correo electrónico para que o asine co certificado dixital a persoa representante e, posteriormente, enviar ao enderezo: sx.cualificacions.emprego@xunta.gal