Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das axudas para o mantemento do posto de traballo indefinido creado ao abeiro da axuda PEL-Pemes Creación e Ampliación 2023.
A finalidade das axudas é apoiar ao tecido empresarial provincial para o mantemento da contratación laboral indefinida das persoas que foron contratadas con cargo ás axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas (PEL-Pemes Creación e Ampliación 2023).
Descrición da axuda
Subvencionaranse os custos de mantemento no ano 2024 do posto de traballo subvencionado a través da convocatoria PEL-Pemes Creación e Ampliación 2023, que foi creado inicialmente como indefinido ou transformado a indefinido con carácter previo á presentación da solicitude de PEL-Pemes Mantemento 2024.
Os gastos subvencionables comprenden os soldos e salarios, e a seguridade social a cargo da entidade así como outros gastos sociais relativos á prestación por Incapacidade Temporal (IT) e os derivados das situacións de permiso de maternidade/paternidade a cargo do empresario/a.
Cada empresa poderá solicitar a subvención para o mantemento do posto de traballo indefinido durante un período de 12 meses na anualidade 2024 por un importe máximo do 50% dos custes estimados do mantemento da contratación.
A contía máxima da subvención a conceder será o 50% dos custos estimados de contratación cos límites de 11.000 € (colectivo vulnerable) e 10.000 € (colectivo non vulnerable) para as contratacións a xornada completa ou a parte proporcional correspondente naquelas contratacións realizadas a tempo parcial.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Estas axudas ao mantemento do cadro de persoal van dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e autónomos/as, beneficiarios/as da subvención PEL-Pemes Creación e Ampliación 2023, que realizaron a contratación de maneira indefinida inicialmente ou foi transformada a indefinida con carácter previo á presentación da solicitude de axudas PEL-Pemes Mantemento 2024 e que con anterioridade á data de publicación da convocatoria, manteña o domicilio fiscal na provincia da Coruña nun concello con poboación inferior a 20.000 habitantes.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.