Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Contratación| Programas cooperación
Axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social - 2024
Código: TR356A
Data de publicación: 15/02/2024
Inicio solicitude: 16/02/2024
Remate solicitude: 30/09/2024

Entidade promotora:

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Obxecto da axuda

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das axudas ás empresas de inserción e ás súas entidades promotoras e proceder á súa convocatoria para o ano 2024, coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia a través do Programa I: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social.

Este programa ten por obxecto subvencionarlles parcialmente ás empresas de inserción os custos salariais das persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social.

Descrición da axuda

A contía da subvención será equivalente ao salario mínimo interprofesional mensual por cada persoa traballadora subvencionable, incluídas as pagas extraordinarias dos meses de decembro e xuño.

Esta contía será proporcional á duración da xornada de traballo.

Para o cálculo da subvención correspondente ás mensualidades xa vencidas na data de presentación da solicitude teranse en conta as persoas traballadoras subvencionables que estivesen efectivamente contratadas no dito período. Para as mensualidades seguintes terase en conta o cadro de persoal do mes en que se presente a solicitude.

Colectivo obxectivo

Persoal técnico de apoio | Persoas en risco de exclusión

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as entidades promotoras de empresas de inserción e as empresas de inserción inscritas como tales no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos.