Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta Resolución ten por obxecto publicar a convocatoria das axudas para contribuír á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña con poboación inferior a 10.000 habitantes a través do apoio ao investimento en bens inventariables de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas en calquera das modalidades xurídicas existentes.
Descrición da axuda
Terán a consideración de gastos subvencionables dentro desta liña, aqueles gastos que resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento da/s actividade/s subvencionada/s dada/s de alta no Certificado de situación censual presentado no momento da solicitude e que se atopen dentro dos seguintes códigos de concepto de gasto:
Aplicacións informáticas
Maquinaria
Mobiliario
Equipos para procesos de información
As entidades poderán presentar un orzamento mínimo de gasto de 3.500,00 € e un máximo de 25.000,00 €, do cal poderán solicitar, como máximo, o 70%.
O importe mínimo da subvención será de 2.450,00€ e o importe máximo será de 17.500,00€.
Os investimentos subvencionables serán aqueles realizados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.
Os xustificantes de gasto terán que estar expedidos no período sinalado, aínda que os pagos poderán realizarse como data límite ata a presentación da xustificación da axuda.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Estas axudas van dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas, promotoras de iniciativas empresariais que estean desenvolvendo unha actividade con ánimo de lucro que teñan o domicilio fiscal e como mínimo un centro de traballo nun concello da provincia da Coruña con poboación inferior a 10.000 habitantes ou que, non dispoñendo de centro de traballo, conste no Certificado de Situación Censual que a actividade se desenvolve fora dun local determinado ou non conste onde se desenvolve.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.