Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Conciliación
Axudas económicas a través do Bono Emancípate - 2025
Código: CT501B
Data de publicación: 28/01/2025
Inicio solicitude: 06/02/2025
Remate solicitude: 30/04/2025

Entidade promotora:

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Obxecto da axuda

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas económicas a través do Bono Emancípate destinada ás persoas mozas traballadoras que aluguen ou adquiran en propiedade unha vivenda, para contribuír a sufragar os gastos derivados da súa emancipación nunha vivenda distinta da dos/das seus/súas proxenitores/as, que non sexan os do prezo de adquisición ou da renda de alugamento, como son os derivados dunha mudanza, a adquisición de mobiliario e artigos de decoración en xeral, electrodomésticos, enxoval de cociña e baño, téxtil de fogar e gastos de xestoría ou notaría.

Mediante esta orde subvenciónase, a través do Bono Emancípate, nos establecementos de venda de mobiliario, de electrodomésticos, tendas de decoración e outros establecementos especializados, grandes superficies, empresas de mudanzas, xestorías e notarías que teñan establecemento aberto no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a adquisición dos bens e servizos establecidos.

Os produtos e servizos subvencionados serán aqueles que se adquiran desde a data da activación da tarxeta polas persoas beneficiarias ata o 31 de decembro de 2025.

A contía total da axuda é de 1.500 € para as persoas mozas que, reunindo os requisi‑
tos establecidos nestas bases, soliciten a axuda na súa condición de arrendatarias dunha vivenda diferente da dos/das seus/súas proxenitores/as, e de 3.000 € para as que teñan adquirido unha vivenda en propiedade, con posterioridade ao 31 de maio de 2024 e, en todo caso, antes da data de remate do prazo de solicitudes.

Descrición da axuda

A axuda farase efectiva a través dunha tarxeta virtual, a cal só poderá ser utilizada
en establecementos de venda de mobiliario, de electrodomésticos, tendas de decoración
e outros establecementos especializados, grandes superficies, empresas de mudanzas,
xestorías e notarías, que teñan establecemento aberto no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, enon poderá ser utilizada en compras a distancia.

Colectivo obxectivo

Persoas mozas SNGX

Persoas beneficiarias

Poderán beneficiarse desta axuda as persoas físicas maiores de idade que reúnan
todos e cada un dos requisitos seguintes:

1. Ter menos de 36 anos de idade no momento de solicitar a axuda.

2. Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso das persoas estranxeiras non comunitarias deberán acharse en situación de estancia ou residencia regular en España.

3. Dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos na data da solicitude.

4. 1. Para o caso de persoas solicitantes con unidade de convivencia, que a suma dos
ingresos anuais das persoas que a compoñen sexan iguais ou inferiores a catro veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM). Este límite será de cinco veces o IPREM cando na composición da unidade de convivencia haxa persoas cunha discapacidade inferior ao 33 %, e de seis veces o IPREM cando o grao de discapacidade recoñecido sexa igual ou superior ao 33 %.

Para o caso da modalidade de alugamento, só se terán en conta as rendas anuais da
persoa solicitante no caso de que concorran os seguintes dous requisitos:

a) Que no momento de solicitar a axuda ningunha das persoas que conviva na vivenda
teña entre si parentesco en primeiro grao de consanguinidade ou ben que todas elas teñan menos de 36 anos de idade.

b) Que todas elas subscriban o contrato de alugamento.

4.2 Para o caso de persoas solicitantes sen unidade de convivencia, que a suma dos seus ingresos anuais sexa igual ou inferior a tres veces o IPREM. Este límite será de catro veces o IPREM cando a persoa solicitante conte cunha discapacidade inferior ao 33 %, e de cinco veces o IPREM cando o grao de discapacidade recoñecido sexa igual ou superior ao 33 %.

5. Ser titular na Comunidade Autónoma de Galicia, en calidade de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda formalizado, con posterioridade ao 31 de maio de 2024, nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, que teña unha duración mínima dun ano, ou ter subscrito como adquirente unha escritura pública de compravenda dunha vivenda, con posterioridade ao 31 de maio de 2024, que estea construída e que conte con licenza de primeira ocupación no momento da presentación da solicitude, e xa sexa nova ou usada, ou ser adquirente ou adxudicataria, en primeira transmisión, dunha vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral ou especial.

6. Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convi‑
vencia estean empadroadas na vivenda arrendada ou adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude.

7. Non se poderá conceder a axuda cando a persoa solicitante ou algunha das que
compoñen a unidade de convivencia se atope nalgunha das situacións que a seguir se
indican:

a) Ser persoa propietaria ou usufrutuaria dalgunha vivenda en España distinta da que é
obxecto da solicitude. Para estes efectos, non se considerará que se é persoa propietaria ou usufrutuaria dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota dela e se obtivese por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito quen, sendo titular dunha vivenda, acredite a súa non dispoñibilidade por causa de separación ou divorcio, por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa titular ou algunha outra persoa da súa unidade de convivencia.

b) Ter parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa
persoa arrendadora ou vendedora da vivenda.

c) Ser socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora ou
vendedora.

Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.