Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta Resolución ten por obxecto aprobar as bases e convocar as axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que carezan dos recursos suficientes para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.
Descrición da axuda
As axudas de carácter xenérico para facer fronte á situación derivada do retorno da unidade familiar aboaranse por unha soa vez e o seu importe establécese en función do número de puntos que se obteña segundo os criterios recollidos. Fíxase, para os efectos, un valor de 300 euros por unidade de puntuación, o que determinará a contía da axuda.
Co obxecto de facilitar o seu establecemento na Comunidade Autónoma e tendo en conta as dificultades no acceso á vivenda das persoas retornadas, establécese unha axuda de 500 euros por unidade familiar destinada a facer fronte aos gastos derivados das primeiras xestións necesarias para garantir o acceso a unha vivenda.
Coa finalidade de reforzar o apoio ás persoas beneficiarias con cargas familiares, establécense tamén unhas axudas específicas de pagamento único, sempre que a persoa beneficiaria teña algún fillo/a menor de 18 anos convivindo no seu domicilio. En calquera caso, esta axuda só a poderá percibir un dos proxenitores, para o cal se terá en conta a solicitude presentada en primeiro lugar.
a) As contías destas axudas outorgaranse por cada fillo/a menor de 18 anos e terán os seguintes importes:
- 1.000 euros polo/a primeiro/a e segundo/a fillo/a menor de 18 anos.
- 1.500 euros a partir do terceiro/a fillo/a menor de 18 anos.
b) No caso de que, no momento de solicitar a axuda, a unidade familiar conste empadroada e residindo nun concello rural, as anteriores contías establecidas por cada fillo/a menor incrementaranse nun 25 %.
No caso de que a persoa beneficiaria sexa menor de idade, aplicarase tamén o previsto no punto anterior, incrementando neste caso a contía da axuda en 1.000 euros e un 25 % máis no caso de residir nun concello rural.
A contía límite da axuda extraordinaria concedida será ata un máximo de 6.000 euros.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as seguintes persoas que, residindo fóra de España con nacionalidade española, establezan a súa residencia na Comunidade Autónoma galega:
a) As persoas galegas e nacidas en Galicia.
b) Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal das persoas galegas e nacidas en Galicia.
c) Os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.