Tipo de axuda:
Obxecto da axuda
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas dirixidas ás persoas autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma.
Trátase de facilitar a volta á actividade económica á persoa emprendedora a quen lle foi mal no seu anterior negocio pero ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver emprender, no mesmo ou diferente sector, a través do bono nova oportunidade para axudar á posta en marcha do novo negocio.
Descrición da axuda
A axuda do bono nova oportunidade será dunha contía única de 7.500 €, dirixida ás persoas que cumpran os requisitos establecidos, contía que se incrementará en 500 € no caso de que a beneficiaria sexa unha muller.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias deste programa as persoas autónomas que fosen autónomas con anterioridade, que queren volver a emprender e cumpran os requisitos establecidos.
As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude e, en todo caso, con data posterior ao 1 de outubro de 2025.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.