Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Contratación

Prazo pechado

+EMPREGA en centros especiais de emprego - 2026
Código: BDNS 922877
Data de publicación: 06/08/2026
Inicio solicitude: 07/08/2026
Remate solicitude: 07/09/2026
Entidade promotora: Deputación de Pontevedra

Obxecto da axuda

Esta Resolución ten por obxecto convocar as subvencións destinadas a financiar os custos de persoal imputables ao exercicio de 2026 das unidades de apoio á actividade profesional e do persoal que desenvolva accións de coordinación ou dirección dos CEE con sede e centro de traballo na provincia de Pontevedra, que estean inscritos no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego e teñan recoñecida a súa carencia de ánimo de lucro na data de publicación desta convocatoria, coa finalidade de promover a integración laboral das persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción mediante o seu emprego nos CEE que operan nesta provincia.

Descrición da axuda

O período subvencionable dos contratos do persoal das unidades de apoio á actividade profesional e do que desenvolva accións de coordinación ou dirección comprenderá todo o ano natural de 2026; en concreto, os gastos destas tipoloxías de persoal xerados durante este período.

Serán subvencionables os custos salariais das unidades de apoio durante o ano 2026, xa sexan contratos formalizados con anterioridade ou posterioridade á publicación desta axuda.

Percibirase o 100 % cando se xustifiquen gastos salariais por importe igual ou superior á cantidade concedida e se manteña o número de persoas con discapacidade do CEE contratadas que se tivo en conta para adxudicar o importe da subvención; de non ser así, realizarase o axuste proporcional, tomando como referencia a media anual das persoas contratadas ao longo dos meses do período subvencionable, sen que o número ou a tipoloxía dos contratos das unidades de apoio inflúa para estes efectos.

Só se concederá unha subvención por entidade.

O importe máximo das axudas será a do tramo que corresponda tendo en conta a media de persoas con discapacidade contratadas no CEE indicadas nos informes de datos para a cotización e información por período de liquidación e conta de cotización (Idcpl-ccc) da totalidade dos meses do exercicio anterior (anualidade de 2025) achegado na fase de solicitude, sen que sexan acumulables os seguintes tramos:

a) 15 ou menos persoas traballadoras con discapacidade: 5.000,00 €.

b) De 16 a 30 persoas traballadoras con discapacidade: 11.000,00 €.

c) De 31 a 40 persoas traballadoras con discapacidade: 14.000,00 €.

d) Máis de 40 persoas traballadoras con discapacidade: 18.000,00 €.

Colectivo obxectivo

Persoal técnico de apoio

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias os CEE sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

a) Figurar inscritos como centro especial de emprego no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, de 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no citado rexistro.

b) Ter recoñecida a súa condición como centro especial de emprego sen ánimo de lucro.

c) Constar obrigatoriamente o domicilio social e o centro de traballo na provincia de Pontevedra.

d) Estar ao corrente das obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.

e) Non incorrer en ningunha das prohibicións previstas na LXS nin estar incluídos nos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas.