Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta orden ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas que favorezan a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria (e entidades sen ánimo de lucro), especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral, coa finalidade de seguir paliando os prexuízos económicos sobre o mercado de traballo, derivados dos efectos da pandemia provocada pola COVID-19 e agravados pola invasión de Ucraína por parte de Rusia.
Descrición da axuda
O Plan Galicia emprega de incentivos á contratación por conta allea e á formación dos colectivos vulnerables céntrase en de dúas liñas de axudas:
1. A liña de incentivos á contratación por conta allea e que inclúe catro modalidades de axudas:
a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.
c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.
d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.
Estas axudas terán os seguintes incentivos.
a) As contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas incentivaranse con distintas contías base, segundo o colectivo a que pertenza a persoa contratada:
A. Persoa moza: 6.000 euros.
B. Persoa parada de longa duración: 10.000 euros.
C. Persoa de 55 anos ou máis: 10.000 euros.
D. Persoa emigrante retornada ou persoa estranxeira: 10.000 euros.
E. Muller: 14.000 euros.
F. Persoa con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social: 16.000 euros.
Neste suposto, se o contrato é a tempo parcial, a contía do incentivo será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria máxima legal.
As contías indicadas incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:
I. No suposto de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
II. Se a persoa contratada é maior de 45 anos (incremento non aplicable na letra C).
III. Se a persoa contratada é unha muller (incremento non aplicable na letra E do punto anterior).
IV. Persoas trans.
V. Se a contratación se realiza con mulleres en profesións e oficios en que as mulleres estean subrepresentadas, segundo o informe do Instituto Galego das Cualificacións que se reflicte na lista que figura no anexo II dispoñible para a súa consulta na sede electrónica da Xunta.
A contía máxima posible que se pode subvencionar por cada persoa contratada con carácter indefinido é de 36.000 euros.
b) Incremento de xornada das contratacións indefinidas iniciais (de xornada parcial a xornada completa: incentivo de 2.000 euros. Se o incremento de xornada se realiza en persoas con discapacidade, o incentivo será de 3.000 euros.
c) Incremento da duración anual dos contratos fixos descontinuos a un mínimo de 9 meses e a xornada completa: incentivo de 4.000 euros.
d) Adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal: a axuda consiste en 1.000 euros.
2. A liña de incentivos ás accións formativas no centro de traballo, de carácter opcional que vai dirixida ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
Á duración da acción formativa, será dun mínimo de 70 horas. Será unha formación teórica con contidos relacionados co posto de traballo que desenvolve a persoa traballadora que participa neste programa.
A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato e deberá de estar finalizada o 29 de outubro de 2023.
Esta formación incentivarase cunha axuda de 4.000 euros por cada persoa traballadora dada de alta nun contrato indefinido inicial.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen.
Tamén poden ser beneficiarios dos incentivos os centros especiais de emprego, excepto para facer contratos con persoas con discapacidade e as empresas de inserción laboral excepto para facer contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.