Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións do Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano, dirixido á mellora da capacitación e inserción laboral das mulleres das áreas rurais e urbanas.
Será obxecto destas subvencións a atención personalizada ás mulleres de áreas rurais e urbanas participantes en itinerarios individualizados que combinen accións de diferente natureza, tales como orientación laboral, asesoramento, información, formación, adquisición de competencias e habilidades transversais, que faciliten a inserción laboral e acompañamento no emprego, e teñan por obxecto a súa capacitación e inserción laboral, fortalecendo ao tempo a igualdade efectiva e a non discriminación no acceso ao emprego.
Descrición da axuda
As actuacións subvencionables por esta axuda céntrase no desenvolvemento de itinerarios individualizados que desenvolvan as mulleres participantes no Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano durante o seu período de execución plurianual entre os anos 2023 e 2024, que poden estar integrados polas seguintes actuacións:
a) Diagnóstico de empregabilidade e itinerario personalizado de inserción.
b) Accións de orientación laboral e para facilitar a procura de emprego das participantes.
c) Accións formativas de cualificación e recualificación profesional.
d) Obradoiros de competencias transversais (alfabetización dixital, traballo en equipo, xestión eficaz do tempo, orientación ao logro, entre outras) e de empoderamento para a integración laboral e social das participantes e o reforzo da igualdade no acceso ao emprego.
e) Acompañamento durante o desenvolvemento do itinerario personalizado realizado polas participantes coa finalidade de efectuar o seu impulso e seguimento respecto da mellora da súa empregabilidade, así como acompañamento ao comezo da incorporación laboral.
f) Incentivos para a participante atendida pola contía e condicións regulados na orde.
g) Prospección do mercado laboral do territorio en que se desenvolva o programa.
h) Captación de ofertas de emprego, así como a difusión do Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano e a proposta da candidatura das participantes para cubrir as vacantes detectadas nas empresas.
A duración do programa, así como o prazo de execución das actuacións previstas nel, será de 12 meses.
Para o desenvolvemento dos itinerarios personalizados que configuran o Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano, o financiamento total da subvención determinarase en función do número de mulleres que se vaia atender, os obxectivos de inserción previstos e o correspondente módulo, de forma que:
a) A cantidade que se percibirá por muller atendida será de 1.715 euros, na cal vai incluída a contía de 400 euros correspondente ao incentivo que a entidade promotora deberá aboar a cada participante que acade a consideración de atendida, así como todos os gastos de materiais, técnicos, de publicidade, formación das participantes, formación do persoal que atende as mulleres participantes ou calquera outro custo derivado da execución do proxecto.
b) Á cantidade indicada no punto anterior engadirase unha contía de 2.500 euros que se percibirá por muller inserida no mercado de traballo, tanto por conta propia como por conta allea, que previamente tivese a condición de atendida. Con esta cantidade adicional, só se subvencionará o 20 % das participantes que logren inserirse no mercado laboral.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias da subvención as entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que acrediten experiencia na realización de accións dirixidas ao acompañamento de persoas desempregadas axustado ao seu perfil de empregabilidade en procesos de inserción laboral por conta allea ou propia.
Serán destinatarias deste programa as mulleres desempregadas inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego de Galicia, residentes, preferentemente, en municipios de menos de 5.000 habitantes, que presenten necesidades de cualificación ou recualificación formativa ou profesional para poder acceder a un sector laboral concreto, preferentemente relacionado coa economía verde e dixital
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.