Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Contratación
Programa de axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas - 2025
Código: BDNS 867937
Data de publicación: 14/11/2025
Inicio solicitude: 15/11/2025
Remate solicitude: 16/12/2025
Entidade promotora: Deputacion da Coruña

Obxecto da axuda

Esta Resolución ten por obxecto publicar as axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas (PEL-PEMES CRE/AMP 2026).

Descrición da axuda

A finalidade destas subvencións é apoiar ás pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas dos concellos da provincia da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes para a contratación laboral dun/dunha traballador/a.

Terán a consideración de gastos subvencionables os custos salariais e de seguridade social da contratación dun/dunha traballador/a a xornada completa ou parcial durante un período máximo de 12 meses dentro da anualidade 2026.

Os conceptos de gastos subvencionables nesta liña de axudas son os das contas contables 640 (Soldos e salarios), 642 (Seguridade Social a cargo da entidade) e 649 (Outros gastos sociais).

Os gastos subvencionables comprenden os soldos e salarios, as cotas á Seguridade Social, así como outros gastos sociais relativos á incapacidade temporal (IT) da persoa traballadora ou en situación de descanso por nacemento, adopción, acollemento, risco durante o embarazo, risco durante a lactación natural ou suspensión por paternidade, exercicio corresponsable do coidado do menor ou da menor lactante, a cargo do empresariado.

A contía máxima da subvención a conceder será o 60% do orzamento de gastos co límite de 12.000 € para as contratacións a xornada completa ou a parte proporcional correspondente naquelas contratacións realizadas a xornadas parciais iguais ou superiores do 50% da xornada ordinaria.

Importe estimado do orzamento de gastos: Mínimo: 1.666,67 € Máximo: 20.000 €

Importe da subvención a conceder: Mínimo: 1.000 € Máximo: 12.000 €

Importe máximo a solicitar: Ata o 60% do orzamento de gastos subvencionable

Coeficiente de financiamento Como máximo do 0.60

O importe a solicitar será como máximo o correspondente á duración do contrato e o tipo de xornada da persoa a contratar segundo o seguinte:

Importe máximo a solicitar = [Número meses do contrato x 1.000 € x C.T.P.] O C.T.P. % - identifica o coeficiente de parcialidade sobre a xornada habitual.

Colectivo obxectivo

Economía social | Empresas | Persoas traballadoras autónomas

Persoas beneficiarias

Serán persoas beneficiarias desta axuda as pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas con domicilio fiscal e como mínimo un centro de traballo nun concello da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.

Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.