Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Conciliación| Responsabilidade social
Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE) - 2024
Código: TR357B
Data de publicación: 06/02/2024
Inicio solicitude: 07/02/2024
Remate solicitude: 06/03/2024

Entidade promotora:

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Obxecto da axuda

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das axudas e incentivos a pemes, a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral.

Descrición da axuda

Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: empresa familiarmente responsable-EFR (conciliación); global reporting initiative (GRI); united nations global compact (Pacto mundial); ISO 37301; SGE 21; Global Accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente); ISO 16064; UNE-ISO 21401; ISO 50001; SA 8000, IQNet SR10, Bequal (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), certificación empresa saudable, así mesmo, selo de horarios racionais (SHR).

A contía da axuda será o pagamento do 80% da totalidade dos custos da certificación obtida cun máximo de 2.000 € por empresa.

A porcentaxe subvencionable dos custos de consultoría non poderá exceder o 30% da subvención.

Colectivo obxectivo

Persoas traballadoras por conta allea

Persoas beneficiarias

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas que teñan subscritos un mínimo de 5 contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.

Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.