Entidade promotora:
Obxecto da axuda
O obxecto da publicación desta subvención é fomentar o emprego nos concellos mediante a contratación de persoal para a prestación dos servizos municipais básicos e a execución de pequenas obras de reparación e mantemento relacionadas cos ditos servizos.
Descrición da axuda
O persoal contratado deberá realizar, exclusivamente, actividades relacionadas cos seguintes servizos mínimos previstos nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local:
- Iluminación pública, cemiterio, recollida de residuos, limpeza viaria, abastecemento domiciliario de auga potable, rede de sumidoiros, acceso aos núcleos de poboación e pavimentación das vías públicas.
- Nos municipios con poboación superior a 5.000 habitantes, ademais: parque público, biblioteca pública e
tratamento de residuos.
- Nos Municipios con poboación superior a 20.000 habitantes, ademais: protección civil, avaliación e información de situacións de necesidade social e a atención inmediata a persoas en situación o risco de exclusión social, prevención e extinción de incendios e instalacións deportivas de uso público
- (...) A conservación, mantemento e vixilancia dos edificios de titularidade local destinados a centros públicos de educación infantil, de educación primaria ou de educación especial.
- Protección da salubridade pública.
Así mesmo, poderán executar pequenas obras de reparación e mantemento relacionadas cos ditos servizos.
As actividades subvencionadas deberán desenvolverse de forma maioritaria no territorio da provincia da Coruña e co galego como lingua vehicular.
Os concellos poderán solicitar como máximo a contía do módulo que lles corresponda en función da porcentaxe resultante de dividir o número de persoas desempregadas no concello entre o número total de persoas desempregadas nos concellos de menos de 50.000 habitantes, mentres que os concellos da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela optarán a un importe único de 75.000,00 euros, segundo figura no Anexo I das bases.
Importe mínimo: 19.000€
Importe máximo: 75.000€
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
As persoas beneficiarias desta subvención serán os concellos da provincia da Coruña.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.