Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e establecer os requisitos do proceso de selección das empresas ou entidades ás cales se prestarán os servizos do programa Responsabilízate na súa edición de 2021.
Descrición da axuda
As persoas beneficiarias optarán aos seguintes servizos do Programa:
1º. Análise do estado, potencial competitivo e situación da responsabilidade social empresarial (RSE). Trátase de avaliar o estado inicial da empresa exercendo un estudo completo nos diferentes ámbitos da empresa.
2º. Asesoramento e formación. As pemes participantes recibirán un módulo formativo para afondar no coñecemento e nas ferramentas da RSE. Asemade, as empresas recibirán un asesoramento individualizado para a construción dun plan de acción RSE.
3º. Plan de acción, implantación e seguimento das accións de RSE: a partir do informe de resultados da diagnose e da formación impartida, definirase a metodoloxía para a elaboración dun plan de acción individualizado para a implantación dun mínimo do 20 % das accións previstas no Plan de acción en RSE.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social ou que conten con algún centro de traballo en Galicia.
Ademais do especificado no punto anterior, deberán cumprir os seguintes requisitos:
1. Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.
2. Non superar os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou ter un balance anual inferior a 43 millóns de euros.
3. Non ser entidades sen ánimo de lucro.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.