Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Conciliación| Responsabilidade social
Subvencións a concellos e outras entidades locais para o financiamento de técnicas/vos de igualdade de xénero e axentes de igualdade - 2023
Código: BNDS 669933
Data de publicación: 16/01/2023
Inicio solicitude: 17/01/2023
Remate solicitude: 10/02/2023

Entidade promotora:

Deputacion da Coruña

Obxecto da axuda

Esta resolución ten por obxecto publicar a convocatoria das axudas ás entidades locais de menos de 20.000 habitantes, contribuíndo ao financiamento do persoal técnico de igualdade de xénero/ axente de igualdade de xénero municipal para a dinamización e o desenvolvemento de políticas de igualdade, en coordinación coa Deputación da Coruña no marco do I Plan de acción das políticas de Igualdade de xénero na provincia da Coruña 2019-2023.

Descrición da axuda

Na solicitude deberá indicarse o obxecto da actividade/investimento/proxecto para a que se solicita subvención, de forma clara, concreta e precisa, cunha denominación diferenciada do título da convocatoria, que permita coñecer as actuacións que se van desenvolver.

As subvencións obxecto deste programa destinaranse a financiar o persoal dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023 (soldos e salarios e seguridade social a cargo da entidade).

Para o cálculo da axuda establécese un importe máximo de 22.000,00 € que corresponde co financiamento dos salarios e seguridade social do persoal financiado que preste servizos a xornada completa durante todo o ano 2023.

Para outro tipo de xornada e/ou unha prestación dos servizos inferior ao ano aplicaranse as reducións proporcionais oportunas.

As funcións do persoal financiado serán aquelas que determine a entidade local no marco das políticas de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero, e con carácter xeral, os traballos de:

- Detección de necesidades en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e prevención e intervención da violencia de xénero.

- Información, orientación e asesoramento en materia de igualdade.

- Programación, planificación, intervención e realización de proxectos de dinamización de políticas de igualdade no territorio.

- Execución do/s programa/s presentados pola entidade local e desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado.

- Coordinación de profesionais de diferentes áreas e departamentos relacionados coa igualdade de oportunidades.

- Seguimento e avaliación das diferentes intervencións.

- Asistencia técnica na aplicación da perspectiva de xénero de forma transversal.

- Elaboración e emisión de informes de impacto de xénero e documentar procesos.

- Colaboración e coordinación coa Deputación de A Coruña no desenvolvemento de políticas públicas de igualdade.

- Participación na formación continua programada desde a Deputación provincial da Coruña.

Colectivo obxectivo

Persoal técnico de apoio

Persoas beneficiarias

Concellos e entidades locais da provincia de menos de 20.000 habitantes que cumpran os requisitos da convocatoria no momento de presentaren a solicitude.

Cada entidade local poderá realizar unha única solicitude.