Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Economía social| Programas cooperación
Subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e de impulso do cooperativismo e da economía social - 2026
Código: TR811A
Data de publicación: 03/02/2026
Inicio solicitude: 04/02/2026
Remate solicitude: 03/03/2026
Entidade promotora: Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Obxecto da axuda

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas a entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social.

Descrición da axuda

Son subvencionables as actividades de carácter divulgativo, formativo e de asesoramento incluídas nas actividades xerais e nas actividades relativas aos sectores específicos que estean dirixidas a fomentar a economía social e o emprendemento nesta.

1. Actividades xerais de promoción da economía social

a) Actividades de divulgación da economía social.

b) Actividades de asesoramento.

c) Actividades de formación.

d) Actividades de difusión e de visibilización da economía social.

2. Actividades relativas aos sectores específicos da economía social.

a) Actividades de divulgación.

b) Xeración de novo coñecemento en Economía Social.

c) Formación para a creación e a consolidación de proxectos de Economía Social.

d) Asesoramento e apoio a proxectos de economía social.

e) Difusión e visibilización da economía social.

A contía das axudas non poderá superar o 80 % dos gastos necesarios para a realización das actividades.

Establécense, así mesmo, os seguintes límites de subvención para as actividades que se indican a continuación:

a) Unha cantidade máxima de 3.500 euros por cada actividade formativa a que se refiren os artigos 7.1.c) e 7.2.c), cun custo máximo de 60 € por hora para a docencia e 30 € por hora para a coordinación, organización e preparación das actividades.

Os gastos de material e papelaría e fotocopias serán elixibles ata o límite de 12 € por cada alumno/a con asistencia acreditada de acordo co sinalado no artigo 8.2.3.

b) Actividades divulgativas a que se refiren os artigos 7.1.a) parágrafo primeiro e 7.2.a): ata un máximo de 3.000 euros por cada actividade.

c) Actividades de asesoramento e acompañamento a grupos promotores ou a entidades de economía social, a que se refiren os artigos 7.1.b) parágrafo segundo e 7.2.d) parágrafo segundo: ata un máximo de 60 euros por hora de atención e 3.600 euros por itinerario completado (mínimo 60 horas).

d) Realización de encontros e networking entre entidades de economía social, ou entre estas e outros actores económicos, a que se refiren os artigos 7.1.b) parágrafo primeiro e 7.2.d) parágrafo primeiro: ata un máximo de 2.000 euros por actividade.

e) O importe da subvención para gastos derivados do informe de auditoría da conta xustificativa non superará os 3.000 €.

f) Celebración de feiras, mostras e congresos, a que se refiren os artigos 7.1.d) e 7.2.e): ata un máximo de 15.000 € por cada feira.

g) Unha cantidade máxima de 10.000 € para a elaboración, a publicación e a difusión de estudos, informes, os traballos de investigación, así como manuais, guías, unidades didácticas ou similares, sempre que sexan de nova creación, a que se refiren os artigos 7.1.a) parágrafo segundo e 7.2.b).

A contía máxima da axuda por todos os conceptos subvencionables non poderá exceder os 120.000,00 euros por anualidade para cada entidade beneficiaria. Non obstante, se, unha vez atendidas todas as solicitudes que cumpran os requisitos previstos para acceder ás axudas, quedan remanentes de crédito, poderá procederse á súa distribución, seguindo a orde de prelación existente, e ata un máximo de 70.000,00 euros adicionais por anualidade e entidade beneficiaria.

No caso de existir remanente de crédito unha vez adxudicadas as axudas previstas no artigo anterior, e en compensación do esforzo asociado ao labor de impulso e promoción de lanzamento de proxectos cooperativos e de economía social, concederase un incentivo adicional por cada grupo promotor que alcanzase a fase de constitución formal durante o ano natural inmediatamente anterior a aquel no que se presente a solicitude.

A entidade solicitante terá dereito a percibir un importe adicional máximo de mil cincocentos euros (1.500,00 €), se é o caso, ao establecido no artigo 9.3, por cada entidade de economía social constituída ata un máximo de quince mil euros (15.000,00 €) adicionais por entidade beneficiaria.

De non resultar suficiente o crédito dispoñible para atender os ditos importes adicionais, as contías destes reduciranse proporcionalmente.

Colectivo obxectivo

Economía social | Empresas de inserción

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos:

a) As asociacións de entidades de economía social.

b) Os concellos de Galicia e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais.

c) As cámaras de comercio.

d) As universidades.

e) As fundacións e as asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais.

Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.