Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Programas cooperación
Subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social - 2023
Código: TR811A
Data de publicación: 02/08/2023
Inicio solicitude: 03/08/2023
Remate solicitude: 04/09/2023

Entidade promotora:

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Obxecto da axuda

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións a entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social.

Descrición da axuda

Son subvencionables as actividades de carácter divulgativo, formativo e de asesoramento incluídas nas actividades xerais e nas actividades relativas aos sectores específicos que estean dirixidas a fomentar a economía social e o emprendemento nesta.

1. Actividades xerais de promoción da economía social.

a) Actividades de divulgación da economía social.

b) Actividades de asesoramento.

c) Actividades de formación.

2. Actividades relativas aos sectores específicos da economía social.

a) Actividades de divulgación.

b) Xeración de novo coñecemento en economía social.

c) Formación para a creación e consolidación de proxectos de economía social.

d) Asesoramento e apoio a proxectos de economía social.

e) Difusión e visibilización da economía social.

A contía das axudas non poderá superar o 80 % dos gastos necesarios para a realización das actividades.

Establécense, así mesmo, os seguintes límites de subvención para as actividades:

a) Unha cantidade máxima de 3.000 euros por cada actividade formativa a que se refire o artigo 7.1.c) e 7.2.c), cun custo máximo de 50 euros por hora para a docencia e 30 euros por hora para a coordinación, organización e preparación das actividades. Os gastos de material e papelaría e fotocopias serán elixibles ata o límite de 8 euros por cada alumno/a con asistencia acreditada de acordo co sinalado no artigo 8.2.3 da orde.

b) Actividades divulgativas a que se refire o artigo 7.1.a) parágrafo primeiro e 7.2.a): ata un máximo de 3.000 euros por cada actividade.

c) Actividades de asesoramento e acompañamento a grupos promotores ou a entidades de economía social, a que se refire o artigo 7.1.b) parágrafo segundo e 7.2.d) parágrafo segundo: ata un máximo de 50 euros por hora de atención e 2.000 euros por itinerario completado (mínimo 60 h).

d) Celebración de encontros e networking entre entidades de economía social, ou entre estas e outros actores económicos, a que se refire o artigo 7.1.b) parágrafo primeiro e 7.2.d) parágrafo primeiro: ata un máximo de 1.500 euros por actividade.

e) O importe da subvención para gastos derivados do informe de auditoría da conta xustificativa non superará os 3.000 euros.

f) Celebración de feiras, mostras e congresos, aos que se refire o artigo 7.2.e): ata un máximo de 15.000 euros por cada unha.

g) Unha cantidade máxima de 10.000 euros para a elaboración, publicación e difusión de estudos, informes, traballos de investigación, así como manuais, guías, unidades didácticas ou similares, sempre que sexan de nova creación, a que se refire o artigo 7.1.a) parágrafo segundo e 7.2.b).

A contía máxima da axuda por todos os conceptos subvencionables non poderá exceder os 120.000 euros por anualidade para cada entidade beneficiaria.

A entidade solicitante terá dereito a percibir un importe adicional máximo de mil euros (1.000 euros), se é o caso, ao establecido no artigo 9.3, por cada entidade de economía social constituída ata un máximo de dez mil euros (10.000 euros) adicionais por entidade beneficiaria.

Colectivo obxectivo

Persoal técnico de apoio

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde:

a) As asociacións de entidades de economía social.

b) Os concellos de Galicia, e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais.

c) As cámaras de comercio.

d) As universidades.

e) As fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais.

Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.