Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Formación e práctica
Subvencións para accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, para persoas traballadoras desempregadas - 2026
Código: TR301K
Data de publicación: 13/01/2026
Inicio solicitude: 20/01/2026
Remate solicitude: 30/11/2026
Entidade promotora: Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Obxecto da axuda

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C para persoas traballadoras desempregadas.

Descrición da axuda

Poderán ser obxecto de financiamento aquelas especialidades formativas que se determinen no anexo III desta convocatoria, así como os módulos formativos transversais que se impartan asociados a estas.

Na modalidade presencial, o módulo económico €/hora por persoa alumna aplicable a esta convocatoria de subvencións será o establecido, para cada especialidade formati‑ va, no anexo III.

Nas especialidades formativas impartidas na modalidade virtual será de aplicación o 70 % do importe do módulo económico presencial €/hora por persoa alumna, cunha contía máxima de 6 €.

Para os custos adicionais derivados da contratación de persoas especializadas na atención do alumnado con discapacidade establécese unha contía unitaria de 16 € por hora lectiva.

Para os gastos destinados a promover a adecuación das condicións físicas e/ou tecno lóxicas, e a dotación de recursos materiais e medios didácticos apropiados ás persoas con discapacidade, establécese unha contía máxima por persoa alumna de 500 €.

A formación en empresa financiarase con 3 € por alumna ou alumno e hora de prácti‑ cas efectivamente titorizadas, que se destinarán ao financiamento dos custos da actividade da titorización e ao relativo á subscrición dunha póliza colectiva de accidentes de traballo e de responsabilidade civil.

Excluiranse deste cómputo as horas correspondentes á formación en empresa non realizada polas persoas participantes exentas.

O número mínimo de persoas traballadoras desempregadas por acción formativa solicitada para as que as entidades deberán contar cun compromiso de participación previo á presentación da solicitude de subvención será do 30 % dos participantes programados arredondado ao enteiro superior se a primeira cifra decimal é igual ou superior a 5. A en tidade, con respecto ao dito compromiso de participación, deberá cumprir coa normativa recollida na LOPD e no RXPD e para iso conservará a documentación acreditativa correspondente no modelo normalizado, que estará á súa disposición en SIFO.

Unha mesma entidade, nunha ou en varias solicitudes de subvención, non poderá incluír a mesma persoa candidata como comprometida a participar en máis dunha acción formativa. Non obstante, permitirase a súa inclusión simultánea cando a persoa comprometida figure en accións formativas dos graos A ou B, sempre que estas sexan conducentes ao mesmo módulo ou certificado profesional, respectivamente.

O número máximo de participantes en accións formativas que se impartan na modalidade presencial será de 15 persoas.

Non poderá iniciarse ningunha acción formativa que non reúna o primeiro día do curso un mínimo de 8 persoas alumnas.

Entre as persoas participantes que inician deberán figurar como asistentes cando menos o 50 %, arredondado ao enteiro superior se a primeira cifra decimal é igual ou superior a 5, das persoas desempregadas que asumiron o compromiso de participar. Da cifra resultante descontaranse as persoas traballadoras comprometidas que accedesen a un emprego, que causasen baixa por enfermidade ou accidente acreditado, ou como consecuencia de estaren seleccionadas noutra acción formativa financiada con fondos públicos do ámbito da formación para o emprego, e sempre e cando estes supostos se producisen con posterioridade á presentación da solicitude de subvención.

As accións formativas que se impartan na modalidade presencial non poderán desagregarse en grupos.

Na formación que se imparta na modalidade virtual o número máximo de participantes será de 30 persoas por acción formativa. Para os efectos de cumprir os requisitos de capacidade das actividades presenciais previstas, a acción formativa poderá desagregarse en grupos.

Colectivo obxectivo

Persoas desempregadas

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as entidades e centros de formación que, con anterioridade á data de presenta ción da solicitude, estean acreditados para impartiren no ámbito da Comunidade Autónoma as ofertas formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C para as cales soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial ou virtual, entendida esta última como modalidade de teleformación.

As entidades solicitantes deberán estar acreditadas para impartir as ofertas de formación profesional dos graos A, B e C no Rexistro de Centros e Entidades de Formación da Comunidade Autónoma de Galicia ou, no caso de que a formación se imparta na modalidade virtual, no correspondente rexistro estatal.