Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Formación e práctica| Inserción| Mellora da empregabilidade| Programas cooperación
Subvencións para estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia (Programa Xuventude Mentoring na Empresa) - 2024
Código: BS324D
Data de publicación: 08/08/2024
Inicio solicitude: 09/08/2024
Remate solicitude: 09/09/2024

Entidade promotora:

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Obxecto da axuda

Esta Orde ten por obxecto convocar as subvencións para a posta en marcha de programas de estadías formativas para persoas mozas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia.

Descrición da axuda

A finalidade destes programas é reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas inscritas no SNGX, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, cos seguintes obxectivos específicos:

a) Potenciar os programas de educación non formal en que as persoas mozas adquiran os coñecementos e habilidades máis demandados no contexto laboral actual.

b) Achegar as persoas mozas á realidade empresarial e mellorar a súa autonomía persoal.

c) Crear un ecosistema favorable á creación de oportunidades de emprego xuvenil.

d) Favorecer a captación e retención de talento en sectores económicos clave para a economía galega.

A realización das estadías formativas que formen parte das accións destes programas xerará o dereito a solicitar a expedición do certificado de experiencias en educación non formal en materia de mocidade, regulado na Orde do 26 de febreiro de 2015 pola que se regula o certificado de experiencias de educación non formal en materia de xuventude.

Os programas de estadías formativas-programa Xuventude Mentoring na Empresa das entidades beneficiarias da subvención deberán respectar as seguintes 3 fases:

a) Organización e planificación: inclúe a convocatoria para a selección das persoas mozas participantes, que será obxecto de publicidade, o proceso selectivo e a preparación en competencias laborais, busca das empresas ou entidades en que se desenvolvan as estadías.

b) Execución e seguimento das actividades: realización das estadías formativas nas empresas/entidades seleccionadas e seguimento durante a súa realización; titorización das estadías e realización de itinerarios personalizados de inserción das persoas participantes.

c) Avaliación e seguimento posterior á realización das estadías formativas: inclúe a avaliación dos resultados de aprendizaxe obtidos polas persoas participantes durante a actividade que suporá a realización como mínimo dunha xornada de orientación laboral co fin de facilitar a súa inserción laboral, antes do vencemento do prazo de xustificación da subvención.

As tres fases teñen que estar interrelacionadas e deseñadas para asegurar que cada persoa moza recibe a atención necesaria para maximizar a efectividade de cada programa.

Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento dos programas.

O período de subvencionabilidade dos ditos gastos será desde o día seguinte ao da publicación das bases reguladoras ata o 15 de abril de 2025.

En todo caso, o importe máximo da axuda que se concederá a cada entidade beneficiaria establécese en 140.000 €.

Serán subvencionables en concepto de custos directos de persoal:

a) As retribucións salariais brutas totais do persoal de nova contratación incorporado cunha dedicación do 100 % ao programa, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade contratante.

b) As retribucións salariais brutas totais do persoal propio da entidade, sen limitación porcentual, correspondentes ao tempo dedicado á execución das actividades descritas no artigo anterior, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora.

c) No caso de contratación mercantil para a realización de actividades de formación, serán subvencionables os custos de persoal que formen parte da prestación do servizo externo, sempre que o persoal sexa necesario para o desenvolvemento da actividade subvencionada, e o custo pola súa contratación estea claramente identificado e detallado na factura.

Serán subvencionables en concepto doutros custos directos:

a) A elaboración e deseño de materiais e guías formativas.

b) A organización das estadías e as actividades formativas e visitas a empresas.

c) Os gastos de publicidade para a organización e difusión da actividade subvencionada.

d) Os gastos de seguros destinados a cubriren continxencias de risco derivadas da actuación subvencionada.

e) Os gastos de transporte e axudas de custo por desprazamentos das persoas mozas participantes e das persoas titoras e responsables do programa.

As axudas de custo por desprazamento das persoas mozas participantes non poderán ser inferiores a 100 euros/mes cando o concello do centro de realización da estadía formativa non sexa o mesmo que o concello de residencia.

Serán subvencionables en concepto de custos indirectos: os gastos correntes que non se corresponden en exclusiva á actividade subvencionada por ter carácter estrutural e que resulten necesarios para o seu desenvolvemento, como gastos en bens consumibles e en material funxible, comunicacións, gastos de alugamento e de mantemento de instalacións (luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade).

Adicionalmente, os salarios e indemnizacións aboados ás persoas mozas participantes terán a consideración de custo subvencionable adicional non incluído no tipo fixo, polo que serán subvencionables, de forma independente ao resto de conceptos e aboadas a custo real, as bolsas de formación outorgadas ás persoas mozas participantes en concepto de salario ou indemnización.

Estas bolsas non poderán ser inferiores á metade do salario mínimo interprofesional en cómputo anual, coas pagas extras incluídas e polos meses de duración das estadías formativas, vixente no momento da publicación destas bases reguladoras, incrementándose en 100 euros/mes para o caso de persoas mozas con discapacidade igual ou superior ao 33 %. A devandita cantidade deducirase proporcionalmente para o caso de meses non completos.

Colectivo obxectivo

Persoas mozas SNGX

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións:

a) As entidades privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas, domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia e que desenvolvan actividades no eido da mocidade e/ou do emprego.

b) Os concellos galegos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello.