Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Conciliación| Contratación| Programas cooperación
Subvencións para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables - 2024
Código: SI436A
Data de publicación: 20/02/2024
Inicio solicitude: 21/02/2024
Remate solicitude: 20/03/2024

Entidade promotora:

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Obxecto da axuda

Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento do Programa do Plan Corresponsables para o  desenvolvemento de actuacións orientadas a facilitar a conciliación das familias con menores a cargo de ata 16 anos de idade mediante a creación de bolsas de coidado profesional, a través da creación de emprego de calidade no sector dos coidados, e plans de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e ás familias.

Descrición da axuda

No programa do Plan Corresponsables considéranse subvencionables as actuacións orientadas a facilitar a conciliación das familias con menores a cargo de ata 16 anos de idade mediante a creación de bolsas de coidado profesional, a través da creación de emprego de calidade no sector dos coidados, e plans de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e ás familias.

As actuacións destinaranse ao coidado de menores en familias con menores a cargo de ata 16 anos de idade inclusive, e con carácter prioritario, á atención de familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou a unidades familiares nas cales existan outras cargas relacionadas cos coidados.

Colectivo obxectivo

Persoal técnico de apoio

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que estean inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).