Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Conciliación| Inserción| Programas cooperación
Subvencións para programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade - 2024
Código: SI427A
Data de publicación: 20/02/2024
Inicio solicitude: 21/02/2024
Remate solicitude: 20/03/2024

Entidade promotora:

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Obxecto da axuda

Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento dos Programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Descrición da axuda

Serán subvencionables as actuacións que se detallan a continuación, no marco dalgún dos seguintes programas:

a) Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes en situación de especial vulnerabilidade con fillas ou fillos menores de tres anos.

b) Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, pertencentes a un ou varios colectivos en que concorra a dita situación.

As actuacións desenvolvidas no correspondente programa deberán encadrarse nalgún dos seguintes tipos:
a) Servizos de orientación e información sobre recursos singularizados, de atención, orientación e asesoramento persoal e social, así como de apoio directo nas relacións con outras entidades, organismos e servizos que lles faciliten ás persoas usuarias o seu proceso de integración social.

b) Servizo de atención psicolóxica.

c) Servizo de asesoramento xurídico.

d) Servizo de mediación intercultural e/ou familiar.

e) Actividades para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas ou de competencias para a mellora da empregabilidade.

f) Servizos ou medidas de orientación laboral e de acompañamento na busca de emprego, incluído o  emprego por conta propia e o emprendemento, así como a prospección do mercado de traballo, a intermediación e a titorización laboral e profesional.

O período de referencia para o desenvolvemento do programa e para a imputación dos gastos subvencionables será o comprendido entre o 1 de setembro de 2023 e o 31 de agosto de 2024, ambos os dous incluídos.

Serán gastos subvencionables os derivados da realización das actuacións indicadas, no marco dun programa de recursos integrais, correspondentes ás seguintes categorías e conceptos:

1. Gastos directos: terán esta consideración os que estean directamente relacionados coa actuación subvencionada e que, polo tanto, se refiran de forma inequívoca e constatable a ela.

a) Gastos directos de persoal.

b) Outros gastos directos.

2. Gastos indirectos: gastos correntes que non se corresponden en exclusiva á operación subvencionada por ter carácter estrutural e que resulten necesarios para o seu desenvolvemento.

Colectivo obxectivo

Mulleres | Vítimas violencia de xénero

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que estean inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).