Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Emprego autónomo| Emprendemento
Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas - 2023
Código: PR937A
Data de publicación: 13/04/2023
Inicio solicitude: 14/04/2023
Remate solicitude: 29/09/2023

Entidade promotora:

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Obxecto da axuda

Esta Resolución ten por finalidade conceder axudas para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Descrición da axuda

Para promover a creación e o desenvolvemento do autoemprego das persoas galegas retornadas e da súa descendencia que se establezan na Comunidade Autónoma galega, establécese unha contía da subvención de 6.000 euros.

O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:

a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.

b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural: 3.000 euros.

O importe máximo da subvención concedida será de 10.000 euros.

Colectivo obxectivo

Persoas retornadas

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.

2. Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.