Tipo de axuda:
Obxecto da axuda
Esta Orde ten por obxecto establecer as bases e convocar as axudas destinadas a financiar, no curso académico 2025/26, os gastos derivados da matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, a persoas desempregadas con titulación universitaria.
Descrición da axuda
A contía da axuda cubrirá o importe das materias matriculadas por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos, do máster universitario oficial segundo os prezos públicos que se establezan no decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2025/26.
A axuda só alcanzará para a realización dun único máster universitario.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as persoas tituladas universitarias que:
a) Estean en situación de desemprego á data de presentación da solicitude.
b) Teñan rematados os estudos universitarios que lle dean acceso aos estudos do máster universitario con data límite do 30 de setembro de 2024.
c) Estean matriculadas no curso académico 2025/26, en primeira matrícula, nun máster universitario oficial de 60, 90 ou 120 créditos ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia. A matrícula será dun mínimo de 60 créditos, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
d) Non estean incluídas nos casos de beneficios e exención total de matrícula que se prevexan no decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2025/26.
e) Non teñan gozado desta axuda en convocatorias anteriores, salvo no caso dun máster de 120 créditos, no que se pode solicitar para a primeira matrícula dos 60 créditos que restan para rematar o máster.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.