Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Contratación
Axudas ao mantemento do custo salarial das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego - 2026
Código: TR341M
Data de publicación: 17/04/2026
Inicio solicitude: 29/04/2026
Remate solicitude: 29/05/2026
Entidade promotora: Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Obxecto da axuda

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións para axudar a financiar o custo salarial de todas as persoas traballadoras con discapacidade contratadas en centros de traballo do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Descrición da axuda

Poderán ser obxecto de subvención os contratos de traballo das persoas con discapacidade que, ademais de cumprir coa lexislación vixente, cumpran os seguintes requisitos:

- No caso dos contratos indefinidos, incluíndo os fixo-descontinuos, ter unha prestación de traballo efectivo mínima de dous (2) meses consecutivos.

- No caso de contratos de traballo de duración determinada, a duración mínima será dun (1) mes.

- No caso de contratos a tempo parcial, deben formalizarse por un mínimo do 25 % da xornada a tempo completo.

Subvencionarase o salario mínimo interprofesional correspondente ás mensualidades indicadas na convocatoria, para as persoas con discapacidade contratadas nos centros especiais de emprego que estean de alta na Seguridade Social, de acordo coas seguintes porcentaxes:

- 65 % do SMI: persoas traballadoras con especiais dificultades de inserción segundo o artigo 3.2.

- 50 % do SMI: resto de persoas traballadoras con discapacidade con contrato temporais de duración mínima dun (1) mes segundo o artigo 34.2 e para o resto de persoas traballadoras con discapacidade cun contrato indefinido.

Son subvencionables os días efectivamente traballados, incluídas as vacacións. Nas situacións de incapacidade temporal, son subvencionables exclusivamente os doce (12) días en que o pagamento corresponda integramente ao centro especial de emprego, de conformidade co que dispoña a normativa da Seguridade Social.

É subvencionable o período de vacacións anuais retribuído e cotizado. No suposto de cesamento da relación laboral, as subvencións incluirán as liquidacións que correspondan pola parte proporcional das vacacións non gozadas.

O importe da subvención incluirá a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias ao ano rateadas en doce (12) mensualidades.

A contía máxima por cada centro de traballo solicitante que se poderá conceder será de 2.900.000 €.

Colectivo obxectivo

Persoal técnico de apoio

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarios os CEE que, na data da solicitude da subvención, figuren rexistrados como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos.

Igualmente, os centros de traballo para os cales se solicite subvención deberán contar coa autorización administrativa prevista no artigo 7 do dito decreto; para os efectos desta subvención, admitiranse os centros de traballo que presentasen a solicitude ao rexistro competente para outorgar a autorización administrativa.

Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.