Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas e convocar para o ano 2023 a liña de axuda incluída no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:
b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
– Submedida 6.1. Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (código de procedemento MR404A. Axudas á incorporación de mozos á actividade agraria)
Descrición da axuda
A axuda concederase pola execución do plan empresarial e consistirá nunha prima cuxa contía básica, calculada de acordo cunha estimación dos custos da Seguridade Social da persoa moza durante os cinco anos de permanencia mínima na actividade agraria, establecida en 25.000 euros, e poderá incrementarse nas seguintes situacións, sen que a axuda total supere os 70.000 €:
a) De acordo co volume de gasto cuxa necesidade ou conveniencia estea especificada no plan empresarial:
– De 20.000 a 30.000 €: a contía básica increméntase en 12.500 €.
– De 30.001 a 40.000 €: increméntase en 17.500 €.
– De 40.001 a 60.000 €: increméntase en 25.000 €.
– De 60.001 a 80.000 €: increméntase en 31.500 €.
– De 80.001 a 100.000 €: increméntase en 40.500 €.
– Máis de 100.001 €: increméntase en 45.000 €.
Exclúese a achega ao capital social. Tampouco se considera admisible o investimento de simple substitución; maquinaria de segunda man; custos de conservación e mantemento ou os derivados do funcionamento da explotación; os montes baixos de ciclo curto; maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais; a maquinaria e equipamentos de carácter forestal e as taxas, impostos e licenzas administrativas.
b) Creación de polo menos unha UTA de emprego adicional a tempo completo na explotación durante toda a duración do tempo de compromisos, cinco anos, ademais da man de obra correspondente á persoa moza instalada: 20.000 €.
c) Instalación nunha explotación localizada nunha zona con limitacións naturais ou outras limitacións especificas recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) nº 1305/2013: 5.000 €.
No suposto de que se instalen varias persoa mozas na mesma explotación (plan empresarial conxunto), os incrementos establecidos nas alíneas a), b) e c) repartiranse a partes iguais entre as persoa mozas que se instalen.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
As persoas que desexen acceder ás axudas á incorporación de persoas agricultoras mozas á actividade agraria deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter entre 18 e 40 anos de idade, ambos incluídos.
b) Cumprir a condición de persoa agricultora profesional dentro dos 18 meses seguintes á data de instalación.
c) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente no momento da solicitude da axuda, segundo se establece no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, ou comprometerse a adquirilo nun prazo improrrogable de 36 meses desde a data de instalación.
d) A explotación en que se produce a instalación debe alcanzar, cando finalice o seu plan empresarial, unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual e inferior ao 120 % desta.
e) Instalarse nunha explotación que alcance a dimensión física mínima establecida (anexo IV).
f) Presentar un plan empresarial (anexo IV).
g) Exercer o control efectivo da explotación.
h) Non ser titular dunha explotación agraria, excepto que:
i. Sendo titular dunha explotación agraria cuxa marxe neta non supera o 20 % da renda de referencia, pase a ser titular dunha explotación prioritaria.
ii. Sendo titular dunha explotación agraria cuns niveis de dedicación de tempo de traballo e de renda unitaria de traballo inferior aos mínimos establecidos para os titulares de explotacións prioritarias, alcance esta consideración en calidade de agricultor a título principal.
i) Non ter declarado rendementos económicos por actividades agrarias en estimación obxectiva ou directa. Exclúense desta consideración os rendementos económicos declarados polo persoa moza que proveñan da recollida e venda esporádica de produtos silvestres ou castañas de souto tradicional, así como a venda de madeira, ou polas excepcións do punto anterior.
j) A data de establecemento pode ser anterior á data de solicitude da axuda, pero en ningún caso procederán estas axudas se o proceso de instalación está rematado antes da solicitude de axuda, excepto os supostos previstos na alínea h).
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.